Parroquia civil
división administrativa civil (en Galicia inferior ao concello)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parroquia.
A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación de rango inferior ao concello.[1]
Variedades
editarDependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:
- Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.
- Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.
- Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.
- Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.
- Canadá (parish):
- Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.
- Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.
- Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.
- España:
- Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.
- Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.
- Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.
- Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia
- Estados Unidos (parish):
- Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións
- Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.
- Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.
- Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.
- Reino Unido
- Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.
- Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.
- Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.
- San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.
- Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.
- Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.
- Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parroquia.