[go: up one dir, main page]

O Parlamento é a asemblea dos representantes electos polos cidadáns nos réximes democráticos. É o órgano constitucional dun Estado que ten atribuída a misión principal de expresar a vontade deste, elaborando e aprobando normas xurídicas de carácter xeral e intervindo na integración e funcionamento doutras Institucións do Estado.

Nalgúns países, o parlamento está formado por dúas asembleas separadas, por veces chamadas Cámaras do Parlamento, que poden resultar de eleccións ou nomeacións separadas e poden ter poderes diferenciados e varias designacións de acordo coa Constitución de cada país:

  • A Cámara Alta, Cámara Superior ou Senado. No Reino Unido, é oficialmente chamada Cámara dos lords.
  • A Cámara Baixa, Cámara Inferior, Cámara dos Comúns ou Cámara Federal.

En moitos países, o parlamento é denominado Congreso (por exemplo, nos Estados Unidos de América) e noutros "Asemblea Nacional" (ou "Asemblea do Pobo", como na China Comunista).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.