[go: up one dir, main page]

O PNC Park é un parque de béisbol situado no North Shore en Pittsburgh, Pensilvania (Estados Unidos). É o quinto estadio como local utilizado polos Pittsburgh Pirates da Major League Baseball (MLB).[1][2] Foi inaugurado durante a temporada 2001 após a demolición do antigo Three Rivers Stadium. O nome do estadio procede do patrocinio de PNC Financial Services, quen posúe os dereitos de nome desde 1998.[3] Con capacidade para 38.747 espectadores, o terreo de xogo é de céspede natural. Financiado en conxunto co estadio Heinz Field dos Pittsburgh Steelers da National Football League (NFL) e o Centro de Convencións David L. Lawrence, o PNC Park está sitiuado á beira do Río Allegheny con vistas ao centro de cidade.

PNC Park
Datos
Coordenadas40°26′49″N 80°00′21″O / 40.446944444444, -80.005833333333
LocalizaciónPittsburgh, Estados Unidos
Construción
Construción7 de abril de 1999
Inauguración31 de marzo de 2001
ArquitectoPopulous (antes HOK Sport)
L.D. Astorino & Associates
EnxeñeiroThornton-Tomasetti Group Inc.
M*E Engineers
Custo$216 millóns (2001)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (natural)
DimensiónsLeft Field – 325 ft (99 m)
Left-Center – 383 ft (117 m)
Deep Left-Center – 410 ft (125 m)
Center Field – 399 ft (122 m)
Right-Center – 375 ft (114 m)
Right Field – 320 ft (98 m)
Backstop – 51 ft (16 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade38.747 espectadores
Asist. máxima40.889 (7 de outubro de 2015)
Cubs 4−0 Pirates (MLB)
PropietarioSports & Exhibition Authority of Pittsburgh and Allegheny County
OperadoraPittsburgh Pirates
LocalíaPittsburgh Pirates (2001– )
editar datos en Wikidata ]
  1. "PNC Park". PittsburghPirates.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  2. "PNC Park at North Shore". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2008. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  3. Jaeger, Lauren (17 de agosto de 1998). "PNC Bank Purchases Naming Rights To Pittsburgh Pirates' New Stadium". Amusement Business 110 (33): 10. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar