[go: up one dir, main page]

O páncreas é un órgano do sistema dixestivo de función glandular mixta: endócrina e exócrina.

Páncreas
1: Cabeza do páncreas
2: Proceso uncinado do páncreas
3: Pancreatic notch
4: Corpo do páncreas
5: Superficie anterior do páncreas
6: Superficie inferior do páncreas
7: Marxe superior do páncreas
8: Marxe anterior do páncreas
9: Marxe inferior do páncreas
10: Omental tuber
11: Tail of pancreas
12: Duodeno
Gray's pág.1199
Arteria Arteria pancreaticoduodenal inferior, Arteria pancreaticoduodenal superior, arteria esplénica
Vea Veas pancreaticoduodenais, Veas pancreáticas
Nervio(s) Plexo pancreático, ganglios celíacos, vago
Precursor pancreatic buds
MeSH Pancreas
Dorlands/Elsevier Pancreas

O páncreas produce enzimas que axudan á dixestión de alimentos. Por todo o páncreas atópanse lugares denominados illotes de Langerhans, formados por células que teñen un fin determinado: as células alfa producen glicagón, que eleva o nivel de glicosa no sangue; as células beta producen insulina; as células delta producen somatostatina; e tamén hai células PP, que producen o polipéptido pancreático, e as Dl, das que pouco se sabe.

Anatomía

editar

En humanos, o páncreas é unha glándula longa de 15–25 cm que se localiza no abdome. Sendo unha das glándulas retroperitoneais, o páncreas está situado posteriormente ao estómago e está en asociación próxima ao duodeno. Xeralmente descríbese con tres rexións: a cabeza, corpo e o rabo.

O conduto pancreático (tamén chamado de ducto de Wirsung) percorre o comprimento do páncreas e termina na segunda porción do duodeno, na ampola de Vater (hepatopancreática). O conduto biliar común xeralmente se une ao conduto pancreático neste punto ou moi cerca del. Moitas persoas tamén posúen un pequeno conduto accesorio, o conduto de Sartorini.

Arterias e veas

editar

O páncreas é suplido arterialmente polas arterias pancreaticoduodenais:

A drenaxe venosa é feita a través das veas pancreáticas que son tributarias das veas esplénica e mesentérica superior, no entanto a maioría delas terminan na vea esplénica. A vea porta hepática está formada pola unión da vea mesentérica superior e vea esplénica posteriormente ao colo do páncreas. Xeralmente a vea mesentérica inferior únese á vea esplénica atrás do páncreas (noutras persoas ela simplemente se une á vea mesentérica superior).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar