Ontinyent
Ontinyent é un concello da Comunidade Valenciana situado ao suroeste da provincia de Valencia, na comarca do Vall d'Albaida. Ten 37.518 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Vall d'Albaida | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ontinyent | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.194 (2023) (288,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 125,4 km² | ||||
Bañado por | Clariano River (en) | ||||
Altitude | 382 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jorge Rodríguez Gramage (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46870 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46184 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46184 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ontinyent.es | ||||
Xeografía
editarSituada á beira do río Clariano. O relevo é moi montañoso constituído no seu maior parte pola Serra Grossa, que serve de muralla que pecha a comarca polo oeste.
O clima é mediterráneo frío, con xeadas de primavera e neves no inverno; os veráns son extremadamente calorosos, aínda que adoita refrescar un pouco pola noite.
Dende Valencia, accédese a esta localidade a través da A-7 para enlazar coa CV-40 e finalizar na CV-650. Conta tamén con estación do ferrocarril pertencente á liña Xàtiva-Alcoi.
Localidades limítrofes
editarO concello de Ontinyent limita ao sueste con Bocairent (Valencia), ao leste con Agullent (Valencia), ao nordeste con Aielo de Malferit (Valencia), ao norte con Moixent e Vallada (Valencia), ao suroeste con Fontanars dels Alforins (Valencia) e Banyeres de Mariola (Alacant), e ao sur con Alfafara (Alacant).
Demografía
editarOntinyent ten 36.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 11,9% da súa poboación é da inmigración.[1]
Evolución demográfica de Ontinyent[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
10.489 | 11.165 | 11.430 | 12.390 | 12.470 | 12.342 | 13.564 | 14.689 | 18.787 | 23.685 | 28.123 | 29.511 | 31.343 | 36.368 | 36.695 | 37.518 |
Entre os censos de 1920 e 1930, diminuíu a poboación por independizarse Fontanars dels Alforins
Economía
editarA economía de Ontinyent descansa principalmente na industria téxtil, con grandes empresas que ao longo dos anos foron referencia no País Valenciano e internacionalmente: Colortex, Paduana, Revert... son só algúns exemplos. Con todo, a crise do sector téxtil fíxose patente na comarca e na cidade pecharon non só empresas que pola súa fortaleza eran bandeira da industria ontiñentina, como a téxtil Paduana e dentro do xero de punto a fábrica de Torró, senón tamén moitas outras de menos forza e algunhas industrias e empresas doutros sectores que dependían do sector téxtil.
Ademais posúe unha riqueza agrícola considerable. A súa vexetación constitúena fundamentalmente piñeiros e outras como tomiño, romeu e a aulaga. Os cultivos que ocupan o fondo dos vales son: vide, oliveiras, alfarrobeiras, amendoeiras, cereais e diferentes árbores de froitas.
Notas
editar- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.