Olga Viza
Olga Viza, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1958, é unha xornalista española.
Nome orixinal | (es) Olga Viza López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de agosto de 1958 (66 anos) Barcelona, España |
Educación | Escola Virolai (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, presentadora de televisión, xornalista |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDebutou en Televisión Española en xaneiro de 1978, cando aínda non finalizara os seus estudos de xornalismo, concretamente no espazo Polideportivo. Nos seguintes anos, alternaría a información deportiva con incursións esporádicas noutros xéneros televisivos, coma o programa musical Exterior día (1981).
Desde o programa deportivo Estadio 2, durante a segunda metade dos anos oitenta e principios dos noventa, tivo ocasión de narrar os acontecementos deportivos máis importantes, desde o Mundial de Fútbol de España ata os Xogos Olímpicos de Barcelona. Todo isto compatibilizado coa información deportiva en Telediario entre 1987 e 1992.
En setembro deste último ano, fichou por Antena 3. Ata 2003 presentou os informativos de mediodía e de tarde (Antena 3 Noticias), ademais dun magazín de actualidade para Antena 3 Televisión Internacional. Nese ano foi despedida pola canle nun proceso de reestruturación de persoal.
Tras un breve paso por Telecinco no programa semanal No es lo mismo (2004), recalou en La Sexta, que lle asignou a presentación do programa de entrevistas Habitación 623 a principios de 2006.
Entre 2004 e 2006 presentou El Tranvía, magazín vespertino de RNE. Desde 2006 está á fronte de Las Mañanas de Radio 1 de RNE.
Na súa carreira destaca a especialidade en deportes: seis Xogos Olímpicos, tres Mundiais, probas do Campionato Mundial de Motociclismo e do Campionato Mundial de Fórmula 1, e tamén torneos de ximnasia, tenis e golf.
Recoñecementos
editarRecibiu polo seu traballo en Antena 3 Noticias o Premio ATV 2002 á Mellor Comunicadora de Programas Informativos, ademais dun Ondas en 1995. Tamén estivo nomeada en 1993 e 1995 como Mellor presentadora ó TP de Ouro.