Ofelia Rey Castelao
historiadora galega
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ofelia Rey.
Ofelia Rey Castelao, nada en Valboa (Arnois, A Estrada) en 1956, é unha historiadora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Valboa, España |
Catedrático de universidade Universidade de Santiago de Compostela | |
2002 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Muller e historia |
Ocupación | escritora, historiadora, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1978–) |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.[1] É catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago dende o 2002.[2] Foi directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005),[3] responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography, e directora de estudos na École des Hautes Études en Sciences Sociales en París nos anos 2004 ata 2012.[4]
Dirixiu desde 1992 varios proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional.
Pertence ao CIFEX da USC.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A Galicia clásica e barroca, 1998, Galaxia.
- Libros e lectura en Galicia, 2003, Xunta de Galicia.
Obras colectivas
editar- Pobres, peregrinos e enfermos. A rede asistencial galega no antigo réxime, 1998, Nigra Trea. Con Baudilio Barreiro Mallón.
- Historia das mulleres en Galicia. A Idade Moderna, 2009, Nigra Trea. Con Serrana M. Rial García.
- Historia das historias de Galicia, 2016, Xerais.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Aproximación a la historia rural en la comarca del Ulla, 1981, Universidade de Santiago.
- La historiografía del Voto de Santiago. Recopilación crítica de una polémica histórica, 1985, Universidade de Santiago.
- Poder y privilegios en la Europa del siglo XVIII, 1992, Síntesis.
- Montes y política forestal en la Galicia del antiguo régimen, 1995, Universidade de Santiago.
- Godoy Alcántara, José : Historia crítica de los falsos cronicones, 1999, Universidade de Granada. Reprodución facsímile da ed. de Madrid: Imprenta y Estereotipia de M. Rivadeneyra, 1868. Estudo preliminar de Ofelia Rey Castelao.
- Los mitos del apóstol Santiago, 2006, Nigra Trea.
Obras colectivas
editar- Los Gallegos y América, 1992, MAPFRE. Con Antonio Eiras Roel.
- Historia de la Galicia Moderna, 2012, USC. Con Dubert et al., ISBN 978-84-9887-844-8.
Premios
editarNotas
editar- ↑ «Ofelia Rey Castelao», artigo biográfico en A Ulla Literaria.
- ↑ Horario da profesora
- ↑ "Obradoiro de Historia moderna - Grupo de Investigación Historia Moderna". www.usc.es. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. 2012-04-13. Archived from the original on 13 de abril de 2012. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ ""Ofelia Rey Castelao recibe el galardón María Josefa Wonenburger 2011"". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015.
- ↑ Ofelia Rey Castelao gana el Premio Nacional de Historia de España
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ofelia Rey Castelao |
Ligazóns externas
editar- Biografía da autora Concello da Estrada.
- Ediciones Nigratrea