[go: up one dir, main page]

Officine Specializate Costruzione Automobili

(Redirección desde «O.S.C.A.»)
O.S.C.A.
Nome completo Italia Officine Specializate Costruzione Automobili
Bandeira Italia
Baseada en Italia
Tempadas en activo 5 (1951-1953, 1958-1959)
Número de pilotos
Debut Gran Premio de Italia de 1951
Carreiras 6
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1959


Officine Specializzate Costruzioni Automobili - Fratelli Maserati SpA (fundada en 1947 Boloña, pechou en 1967) foi unha marca Italiana de automóbiles deportivos, usualmente abreviado como O.S.C.A., OSCA ou Osca.

MT4 en Donington Park (2007).
1959 FJ 1100 en Donington Park (2007).
O motor OSCA twin cam nun Fiat 1500 S
1955 Osca MT4 Spider de Morelli
1963 Osca 1600 GT2 con carrozaría Fissore

Historia

editar

Foi fundada por Ernesto Maserati (director de enxeñería) e os seus dous irmáns Ettore e Bindo (xerentes de operacións). Os irmáns deixaron Maserati logo de que terminara o seu contrato de dez anos con Adolfo Orsi. Dez anos antes, en 1937, os irmáns Maserati venderan o resto das súas accións na empresa á familia Orsi , quen, en 1940, trasladou a sede da empresa á súa cidade natal de Modena, onde permanece ata hoxe.

A fábrica O.S.C.A. estaba en San Lazzaro di Saveno nas aforas Boloña,[1] onde fabricábanse os Maserati orixinalmente de 1926-1940. O seu obxectivo empresarial fundamental era desenvolver un automóbil para competir nas carreiras de 1100 c.c. .

O primeiro automóbil O.S.C.A. foi o MT4, por Maserati Tipo 4 cilindros. O motor de 1.092 cc (72 PS (53 kW, 71 hp) a 6000 rpm) era un bloque derivado do FIAT, a carrozaría foi construída como un barchetta bipraza. O primeiro MT4 competiu en 1948 no Circuíto de Pescara e no Gran Premio de Nápoles, onde foi levado a unha vitoria por Luigi Villoresi. O motor foi modificado a 1342 cc (con 90 PS (66 kW; 89 hp) a 5.500 rpm) en 1949.[2]

En 1950, un novo DOHC (MT4-2AD) aumentou a potencia (ata un máximo de 100 PS (74 kW; 99 hp) a 6.300 rpm), e en 1953 o motor ampliouse a 1453 cc (110 PS (81 kW; 108 hp) a 6.200 rpm). O novo tipo de motor 372 DS Twin Spark con 1491 cc (120 PS (88 kW; 118 hp) a 6.300 rpm) utilizouse posteriormente no OSCA TN de 1955. Con este novo motor, o coche recibiu o novo nome de FS 372, dos que foron construídos cinco.[3] Unha delas pertence a Sir Stirling Moss, que compite en carreiras históricas de todo o mundo. As versións deste motor pasou a ser utilizado nos modelos ordinarios cupé e convertible de Fiat de 1959 a 1966.

Estes automóbiles foron principalmente barchettas, pero algúns foron construídos coa máis luxosa carrozaría Berlinetta de Pietro Frua, Michelotti e Vignale. Un Vignale participou na clase de 1500 cc nas 24 horas de Le Mans de 1953.

As 12 Horas de Sebring de 1954 foi gañada polos pilotos Stirling Moss e Bill Lloyd nun OSCA MT4[4] como parte do Briggs Cunningham Team.[5]

Desde 1951 a 1962, os automóbiles ou motores fabricados por OSCA tamén participaron nalgunhas carreiras de Fórmula 1 e Fórmula 2 aínda que eles construían principalmente pequenos coches deportivos, algúns dos cales foron deseñados por Pietro Frua. No Campionato Mundial de Resistencia os vehículos OSCA clasificaron no posto 10 (1953), 4º (1954), 6º (1957), 5º (1958) e 4º (1961).

O 750 cc 70 hp (52 kW) Tipo S 187 foi presentado en 1956. Pesaba 730 kg, este coche tiña unha velocidade máxima de 187 km/h. En 1959 Jim Eichenlaub gañou o título estadounidense H -Mod cun OSCA S 187. dispoñendo dun orzamento moi reducido, Eichenlaub a miúdo durmía no seu remolque porque non había diñeiro para un motel. Con todo, gañou a súa primeira carreira en Pensacola en abril de 1959.[6]

Na Fórmula Júnior (FJ) utilizando un motor Fiat de 1.089 cc, viu os triunfos de Colin Davis e Berardo Taraschi (1959).

En 1963 os irmáns venderon a compañía ao conde Domenico Agusta, propietario de MV Agusta, traballando nos deseños de Agusta ata 1966. Un dos seus deseños finais foi un motor desmodrómico de catro cilindros. Finalizou a súa andaina en 1967.

OSCA Fiat

editar

Os Fiat 1200 Cupé e Cabrio tamén estaban dispoñibles co motor OSCA twin cam de 1491 cc, como o Fiat 1500 S. Este modelo saíu á venda en novembro de 1959, con carrozaría Pininfarina. O motor incrementou a súa potencia a 1.568 cc e 90 PS (66 kW) no verán de 1962 (1600 S), grazas a un aumento de 2mm do diámetro, e a carcasa someteuse a unha lavado de face como o Fiat 1300/1500 substituíu o orixinal 1200 en 1963. Continuou en produción ata a súa substitución polo Fiat 124 cupé/spider, co propio motor Fiat Twin Cam, a finais de 1966. OSCA tamén ofreceu os seus propios vehículos propulsados por este motor , como o Fissore 1600 GT2.

Vehículos

editar

Nome e ano de presentación:

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Puntos Pos
1951 OSCA Automobili OSCA 4500G OSCA 4.5 V12 P SUI 500 BEL FRA RU ALE ITA ESP non[7] non[7]
  Franco Rol 9
1952 Élie Bayol OSCA 20 OSCA 2.0 L6 P SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA non[7] non[7]
  Élie Bayol Ret
1953 ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA non[7] non[7]
OSCA OSCA 20 OSCA L6 P   Élie Bayol Ret
Louis Chiron OSCA 20 OSCA L6 P   Louis Chiron 15 10
Élie Bayol OSCA 20 OSCA L6 P   Élie Bayol Ret
1958 OSCA Automobili OSCA F2 OSCA L4 P ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR 0 NC
  Colin Davis WD
  Giulio Cabianca NSC
  Luigi Piotti NSC
1959 OSCA Automobili Cooper T43 OSCA L4 D MON 500 NED FRA RU ALE POR ITA USA 0 NC
  Alejandro de Tomaso Ret
  1. Celebrating the 60th anniversary of the founding of O.S.C.A. from maserati-alfieri.co.uk
  2. story from maserati-alfieri.co.uk
  3. Melissen, Wouter (2009-11-09). "OSCA FS 372 Morelli Spider". Ultimatecarpage.com. Consultado o 2013-02-02. 
  4. Stefan Dierkes. "Pietro Frua (1913-1983) - OSCA MT4-2AD 1953". Pietro-frua.de. Consultado o 2010-07-04. 
  5. In the April 6, 1992 issue of AutoWeek, Cunningham stated that, of all the automobiles he built, owned, and raced, O.S.C.A. was his favorite racecar.
  6. "OSCA S187 1959". Galerie Des Damiers. 1959-05-17. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 2010-07-04. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de 1950 a 1957

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar