Nitrato
composto químico
Os nitratos son sales do ácido nítrico. Derivado do radical nitrato (NO3-), ión trioxonitrato en nomenclatura da IUPAC
O ión nitrato é plano, coa seguinte estrutura:
O O− \\ / N+ | O−
que, no caso do ácido nítrico, resulta:
O O \\ // N | O | H
Historia
editarOs nitratos coñécense cando menos dende a Idade Media. Co ácido sulfúrico xerábase a partir deles o ácido nítrico necesario na formulación da auga rexia. Coa introdución da pólvora os pequenos xacementos naturais non fornecían a demanda e comezou un proceso de fabricación a partir dos excrementos humanos e animais.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |