[go: up one dir, main page]

Na psicoloxía, a memoria trátase da habilidade do organismo para almacenar, reter, e recuperar información e experiencias. Estudos tradicionais da memoria comezaron no eido da filosofía, incluíndo técnicas artificiais de mellora da memoria. A finais do século XIX e comezos do XX incluíuse á memoria dentro dos paradigmas da psicoloxía cognitiva. En décadas recentes, converteuse nun dos principais alicerces dunha rama da ciencia chamada neurociencia cognitiva, ligazón interdisciplinaria entre a psicoloxía cognitiva e a neurociencia.

Procesos

editar

Dende a perspectiva do procesamento da información existen tres fases principais na formación e recuperación da memoria:

  • Codificaxe ou rexistro (recepción, procesamento e combinación da información recibida)
  • Almaceaxe (creación dun arquivo ou rexistro da información codificada)
  • Recuperación, recordo ou recolección (devolver a información almaceada en resposta a unha entrada empregada nalgún tipo de proceso ou actividade)

Memoria sensorial

editar
Artigo principal: Memoria sensorial.

Denomínase memoria sensorial á habilidade de reter impresións de información sensorial despois de que o estímulo orixinal desaparece. Fai referencia a obxectos detectados polos receptores sensoriais os cales son retidos temporalmente nos rexistros sensoriais que á súa vez posúen unha gran capacidade de almacenamento de información precategorial, pero que só son capaces de manter imaxes precisas de información sensorial por espazo moi limitado. As dúas clases de memoria sensorial que foron máis exploradas son a icónica e a ecoica.

Os primeiros experimentos sistemáticos coa memoria sensorial como suxeito de estudo foron levados a cabo por George Sperling a partir de 1960. O seu experimento consistía en presentar infimamente unha serie de tres filas de catro letras durante 50 milisegundos aos participantes:

Nun caso pediu aos participantes que reproducisen tantas letras como puidesen lembrar unha vez estas foran expostas. Noutro indicou, tras a mostra das letras, que ringleira específica (primeira, segunda ou terceira) gustaríalle que a xente tentase lembrar. Sperling achou que mentres que os participantes só podían mencionar unha media de catro letras na primeira condición, xeralmente eran capaces de recitar con éxito o catro da fila elixida na segunda condición, mesmo cando se lles sinalaba cal interesaba remarcar despois de que todo o mosaico mostrouse. Tal resolución suxire que por un breve período o mosaico íntegro estivo accesible aos participantes como memoria sensorial.

Séguese considerando que a memoria sensorial opera dentro deste espazo de tempo aproximado (por baixo dun segundo e certamente non por encima de dous), e por tanto pode observarse que a súa vida útil é extremadamente curta. Tamén é caracterizada por estar fóra do control da conciencia (é dicir, ocorre automática e espontaneamente). Aínda que retén información por un curto período, non se debe confundir coa memoria de curta duración (a cal por norma se prolonga 10-15 segundos sen reseteo do material gardado), e igualmente é chamada deste xeito para distinguila da de longa duración, aquela que pode arquivar información durante unha vida enteira.

A memoria sensorial visual é comunmente referida como memoria icónica. A memoria sensorial auditiva é coñecida como memoria ecoica.

Memoria a curto prazo

editar
Artigo principal: Memoria a curto prazo.

A memoria a curto prazo permite recuperar información durante un período que vai dende uns cantos segundos até un minuto sen ningún tipo de adestramento. A súa capacidade é igualmente limitada: Mentres George A. Miller (1956), traballaba nos Laboratorios Bell, conduciu unha serie de experimentos amosando que a capacidade de almaceamento da memoria a curto prazo era de 7±2 elementos. Estimacións actuais apuntan que a capacidade da memoria a curto prazo e menor, normalmente de entre 4–5 elementos,[1] porén, a capacidade desta memoria pode mellorarse por medio dun proceso chamado trozeado.[Cómpre referencia] Por exemplo, tentando lembrar un número de teléfono de nove díxitos, unha persoa pode trozear os díxitos en tres grupos: primeiro, o prefixo da área (por exemplo 986), logo un grupo de tres díxitos (123) e por último outro grupo de tres díxitos (456). Este método de lembrar números de teléfono é moito máis efectivo que tentar lembrar un grupo enteiro de 9 díxitos; isto débese a que o ser humano e quen de dividir a información en grupos de números con significado. Herbert Simon amosou que o tamaño ideal para dividir letras ou números, con significado ou non, era tres.[Cómpre referencia] Isto reflíctese nalgúns países na tendencia a lembrar números de teléfono en varios anacos de tres números.

A memoria a curto prazo, crese que se basea principalmente nun código acústico para almacenar a información, e en menor medida nun código visual. Conrad (1964)[2] descubriu que os suxeitos de proba tiñan máis dificultade para lembrar as coleccións de palabras acusticamente semellantes (por exemplo, can, pan, man, sán, chán).

Porén, notificouse que algúns individuos son quen de lembrar grandes cantidades de información, de forma rápida, e ser capaz de lembrar a información en cuestión de segundos.[Cómpre referencia]

Memoria a longo prazo

editar
 
Olin Levi Warner, Memoria (1896). Librería do Congreso Thomas Jefferson Building, Washington, D.C.
Artigo principal: Memoria a longo prazo.

A almacenaxe na memoria sensorial e na memoria a curto prazo ten unha capacidade e duración estritamente limitada, o que quere dicir que a información está dispoñible soamente durante un determinado período de tempo e non se retén indefinidamente. Pola contra, a memoria a longo prazo almacena cantidades de información meirandes durante unha duración potencialmente ilimitada (ás veces durante toda unha vida). A súa capacidade é inmensurablemente grande. Por exemplo, unha persoa pode memorizar un número de sete díxitos durante uns segundos antes de esquecelo, o que suxire que este foi almacenado na memoria a curto prazo. Pola contra, pódense memorizar números de teléfono durante anos grazas á repetición; esta información estaría almaceada na memoria a longo prazo.

Mentres a memoria a curto prazo codifica a información acusticamente, a memoria a longo prazo codifícaa semanticamente[Cómpre referencia]: Baddeley (1966)[3] descubriu que despois de 20 minutos, os suxeitos testados tiñan moita dificultade en recuperar coleccións de palabras con significados semellantes (ex. cova, furna, fenda...).

A memoria a curto prazo apóiase en patróns transitorios da comunicación neuronal, dependendo das rexións do lóbulo frontal (especialmente dorsolateral codia prefrontal) e do lóbulo parietal. As lembranzas a longo prazo, polo contrario, son mantidas por cambios máis estables e permanentes nas conexións neuronais amplamente estendidas por todo o cerebro. O hipocampo é esencial (para aprender nova información) para a consolidación da información tanto a curto prazo como a longo prazo, aínda que non semella que poida almacenar información por si mesmo. Sen o hipocampo, os novos recordos non poden ser almacenados na memoria a longo prazo, e habería un moi curto intervalo de atención. Por outra banda, poden estar involucrados no cambio de conexións neuronais por un período de tres meses ou máis despois da aprendizaxe inicial. Unha das principais funcións do sono crese que é a consolidación da información, xa que varios estudos amosaron que a memoria depende das horas de sono entre o adestramento e a posta en práctica. Ademais, os datos obtidos a partir das imaxes neuronais amosaron patróns de activación no cerebro ao durmir semellantes aos rexistrados durante a aprendizaxe das tarefas do día anterior, o que suxire que os novos recordos poden afianzarse a través de tal adestramento.

Modelos

editar

Os modelos de memoria achegan representacións abstractas de como se cre que funciona a memoria. Abaixo atópanse diferentes modelos propostos cronoloxicamente por diversos psicólogos. Compre ter en conta que existe controversia en se hai diversas estruturas de memoria, por exemplo, Tarnow (2005) afirma que o máis probable e que exista só unha estrutura de memoria de entre 6 e 600 segundos.

Modelo de Atkinson-Shiffrin

editar
 
Véxase tamén: Consolidación da memoria.

O modelo de multialmaceamento (tamén coñecido como modelo de memoria de Atkinson-Shiffrin) foi recoñecido por primeira vez en 1968 por Atkinson e Shiffrin.

O modelo de multialmaceamento foi criticado por mor da súa sinxeleza. Por exemplo, a memoria de longa duración crese que en realidade está formada por múltiples subcompoñentes como a memoria episódica e procedural. Propón tamén o adestramento como o único mecanismo polo que a información pode eventualmente chegar ao almacenamento de memoria a longo prazo, porén a evidencia amosa que o ser humano e quen de lembrar cousas sen adestramento.

O modelo tamén amosa todos os almacenamentos de memoria como unha única unidade mentres que a investigación neste eido amosou resultados diferentes. Por exemplo, a memoria a curto prazo pode ser dividida en unidades diferentes, como a información visual e a información acústica. Isto comprobouse no estudo dun suxeito nomeado KF. KF posuía danos cerebrais e tiña problemas coa súa memoria a curto prazo. Tiña problemas con cousas como os números falados, letras e palabras e sons significativos (tales como o timbre e gatos miañando). Outras partes da memoria a curto prazo foron afectados, como a vista (fotos).[4]

Tamén mostra o almacenamento sensorial coma un todo, mentres sabemos que o almacenamento sensorial divídese en varias partes, como o gusto, a visión e a audición.

  1. Cowan, N. (2001). "The magical number 4 in short-term memory: A reconsideration of mental storage capacity". Behavioral and Brain Sciences 24: 97–185. 
  2. Conrad, R. (1964). "Acoustic Confusions in Immediate Memory". British Journal of Psychology 55: 75–84. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2007. Consultado o 01 de novembro de 2010. 
  3. Baddeley, A. D. (1966). "The influence of acoustic and semantic similarity on long-term memory for word sequences". Quart. J. Exp. Psychol 18: 302–9. doi:10.1080/14640746608400047. 
  4. [1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Georges Chapouthier, From the search for a molecular code of memory to the role of neurotransmitters: a historical perspective, Neural Plasticity, 2004, 11(3-4), 151-158
  • Asimov, Isaac (1979). Life and time. Nova York: Avon Books.
  • Brockmeier, Jens (2010). After the Archive: Remapping memory. Culture & Psychology, 16(1), 5-35.
  • Danziger, Kurt (2008). Marking the mind: A history of memory. Cambridge: Cambridge University Press.
  • Fivush, Robyn e Neisser, Ulric (1994). The remembering self: Construction and accuracy in the self-narrative. Nova York: Cambridge University Press.
  • Hacking, I. (1996). Memory science, memory politics. In P. Antze & M. Lambek (Eds.), Tense past: Cultural essays in trauma and memory (pp. 67–87). Nova York e Londres: Routledge.
  • Middleton, David e Brown, Steven (2005). The social psychology of experience: Studies in remembering and forgetting. Londres: Sage.
  • Olick, Jeffrey K., Vered Vinitzky-Seroussi, & Levy, Daniel (Eds.) (2010). The collective memory reader. Oxford University Press.
  • Schacter, Daniel L. (2002). The seven sins of memory: How the mind forgets and remembers. Boston: Houghton Mifflin.

Ligazóns externas

editar