Maxín Picallo
escultor galego
(Redirección desde «Maxín Picallo Durán»)
Maxín Xulio Picallo Durán, nado en San Ildefonso (Troáns, Cuntis) en 1940, é un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Troáns, España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Profesores | Francisco Asorey |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarXa de neno era habelencioso coa talla de madeira. Para ampliar a súa vocación, marchou a Santiago de Compostela a estudar na Escola de Artes e Oficios, onde foi alumno de Francisco Asorey.
Obra
editarEntre outra.
- Monumento ó poeta Feliciano Rolán, A Guarda, 1972.
- Busto de Antonio Palacios, O Porriño, 1972.
- Monumento alegórico a Tui, Tui, 1985.
- Monumento ó mariñeiro emigrante, Moaña, 1988.
- Monument al Gelador Artesà, (1990). Ibi, Alacant. Monumento esculpido en granito negro homenaxea aos xeadeiros ibenses.
- Encontro entre dous mundos, (1993). Baiona. Monumento conmemorativo do quinto centenario da arribada da carabela Pinta de Colón a Baiona coa nova do descubrimento de América.
- Monumento ó poeta Cabada, A Estrada, 2001.
- Monumento á Esperanza do Regreso do Emigrante, Beariz, 2001. Obra feita xunto o seu fillo e asinada como "Os Picallos".
- O socorro, Benidorm.
- Monumento aos Canteiros de Cuntis. Cuntis. Grupo escultórico que homenaxea o labor ancestral dos arxinas de Cuntis e arredores.
- Monumento á Muller Labradora en Forcarei, obra de 2003.
- Monumento ó Mariñeiro Desaparecido, (2003). Porto da Guarda.
- Monumento ó Caudillo celta, Castro de Santa Trega, 2004.
E tamén en Porto Rico, Arxentina, Brasil, Suíza, Canadá etc.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maxín Picallo |
Bibliografía
editar- GEG, Picallo Durán, Magín Julio.