Marisa Soto
María Luísa Soto Meijomence, nada en Silleda o 19 de decembro de 1955 e finada en Lebosende (Leiro) o 17 de agosto de 1998,[1] foi unha actriz galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1955 Silleda, España |
Morte | 17 de agosto de 1998 (42 anos) Lebosende, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Vida e traxectoria
editarLicenciada en Farmacia, profesión que nunca exerceu, actuou en obras de teatro, sendo habitual nas primeiras montaxes do Centro Dramático Galego; en películas como Divinas palabras de José Luis García Sánchez (1987), Continental de Xavier Villaverde (1989) ou A metade da vida de Raúl Veiga (1993), así como en televisión, colaborando na serie da TVG Pratos combinados e outros programas, dende 1995 ata a súa morte.
Filmografía
editarFilmes
editarTV
editar- O enfermo imaxinario (1986)
- Pratos combinados (7 episodios) (1995-1996)
Homenaxes
editarDende 1997 leva o seu nome un dos premios María Casares: o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a xunta directiva da AADTEG, e que recaeu en Agustín Magán, Maruxa Villanueva ou Luís Álvarez Pousa, entre outros, e en institucións como o Padroado de Cultura do Concello de Narón[2].
En Silleda, na súa casa natal, hoxe Casa da Xuventude, ten a súa sede a Escola Municipal de Teatro "Marisa Soto". Dende o ano 2009, este edificio leva o seu nome, pasando a denominarse Casa da Xuventude Marisa Soto[3].
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-8-1998, p. 56.
- ↑ Ficha de Marisa Soto en culturagalega.org
- ↑ El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).