[go: up one dir, main page]

O mala (rosario budista) é un contador que, coma no cristianismo, no hinduísmo ou no islam, ten a finalidade de levar a conta das oracións ("mantras" neste caso) recitadas. É un modo sinxelo de centrar a atención na recitación sen distraerse; por outra banda, serve para acoutar un tempo de recitación a un número concreto de mantras (segundo a práctica que se estea a facer).

Mala.

Descrición

editar

O mala consta de 108 contas, enfiadas por tres fíos de tea entrelazados e atados polos extremos. No extremo no que se fai o nó, situáse unha conta meirande que as demais cun penacho de fíos que permite saber, mediante o tacto, cando se chega ao fin dunha volta (tamén é consierada como a representación do Guru ou mestre).

A razón pola que consta de 108 bólas ten diversas explicacións.

  • É a multiplicación das 12 casas astrolóxicas polos 9 planetas do sistema solar.
  • É un número especial por ser divisible entre 27 (as casas lunares) entre 3 e 2.
  • Número sagrado na tradición Hindú para nomear as divindades, aínda que tamén os musulmáns usan 108 contas.
  • Serve de axuda para que como mínimo se reciten 100 mantras correctamente, por se se esquece algunha conta ou non se fai coa concentración debida.

Tamén existen malas de 22 e 27 contas. Polo que non é imprescindible que conte con 108. As contas son circulares e de diversos materiais: aínda que, tradicionalmente, fanse de sementes de árbore de bodhi, sándalo vermello (os máis comúns), óso, cristais, pedras preciosas ou doas, (tamén existen de chumbo e outros metais). Aínda que a maioría son homoxéneos no seu material, nalgúns intercálanse contas doutras cores, co fin de dividilos en catro seccións de 27, 54 e 81; ou co fin de levar a cabo recitacións litúrxicas concretas: 10, 21, 25, 27, 42, 54, 60, 100.

Que se recita co mala?

editar

Principalmente recítase un mantra por cada conta. Os mantras son oracións ou palabras de poder, que teñen como fin transformar a mente e disipar as impurezas que hai nela aumentando o potencial da mente pura. A súa recitación continuada pódese utilizar para meditar, purificar etc... Esta actividade ten como obxectivo a mente de cada quen, e non se dirixe a ningures máis que á mente. A recitación, non obstante, pode axudar tamén polo mérito, acadando a purificación e liberación dos demais seres vivos sentintes. Existe un gran número de mantras, e cada cal pode estar ligado a unha práctica concreta nun contexto litúrxico concreto ou ben pode ser usado en calquera momento. O mantra máis común entre os budistas é: OM MANI PEME HUNG, chamado mantra de Chenrezig (Avalokiteshvara) ou mantra da compaixón.

Modo de recitado

editar

Recítase en voz alta ou movendo os beizos, colléndoo coa man esquerda e pasándoo cara ao interior, por cada mantra, unha conta; ó chegar a última conta, dáselle a volta e vólvese a recitar pasando na dirección inversa (por onde se rematou).

Venda de malas

editar

Actualmente é moi común atopar malas á venda como obxectos de bixutería e xoiería, tamén en tendas de esoterismo ou de natureza etc. Aínda que estruturalmente é igual ca un colar e cadaquén lle pode dar o uso que desexe, para os budistas trátase dun obxecto ritual de grande importancia por con el se recitar mantras sagrados e palabras de poder; de aí que, para moitos practicantes, esta comercialización e uso indebido sexa unha falta de respecto ás súas crenzas. Así a todo, o carácter moral do budismo tampouco invita a censurar ou atacar esta práctica comercial.