[go: up one dir, main page]

MTV

cadea estadounidense de televisión

Music Television, máis coñecida polo seu acrónimo MTV, é unha cadea estadounidense de televisión orixinalmente establecida no ano 1981 por Warner-Amex Satellite Entertainment, pasando posteriormente a formar parte de Viacom no ano 1985 .

Festival de Música en Galicia patrocinado por MTV España

Iniciou a súa transmisión o 1 de agosto de 1981 cun vídeo do grupo inglés Buggles, Video Killed the Radio Star seguido do vídeo de Pat Benatar "You Better Run" .

MTV cambiou moito desde os seus primeiros días de programación. Na actualidade conta con máis de 71 600 000 subscritores en Estados Unidos e chega a 301,2 millóns de subscritores en 82 países, ten 9.105 afiliadas e emite as 24 horas do día.

A súa expansión internacional inclúe a MTV UK e USA, MTV Europa (1 de agosto de 1987), MTV Brasil (20 de outubro de 1990), MTV Xapón (24 de decembro de 1992), MTV China (21 de abril de 1995), MTV Asia (5 de maio de 1995) e MTV Latinoamérica (1 de outubro de 1993).

A cadea organiza varias entregas de premios musicais, coma os MTV Vídeo Music Awards e os MTV Europe Music Awards.

Ligazóns externas

editar