MD Helicopters MD 600
O MD Helicopters MD 600N é un helicóptero utilitario lixeiro civil deseñado nos Estados Unidos. É un desenvolvemento agrandado de oito asentos do helicóptero MD 520N de cinco prazas.
MD Helicopters MD 600 | |
---|---|
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro |
Fabricante | McDonnell Douglas Helicopter Systems MD Helicopters |
Primeiro voo | 22 de novembro de 1994 |
Principais usuarios | Patrulla Fronteiriza dos Estados Unidos |
Produción | 1995 - presente |
Deseño e desenvolvemento
editarMcDonnell Douglas Helicopter Systems (MD Helicopters dende 1999) anunciou que estaba desenvolvendo un MD 520N alongado a finais de 1994, nese momento designado como MD 630N.[1] O prototipo, un MD 530F modificado, realizou o seu primeiro voo o 22 de novembro de 1994. McDonnell Douglas deu o visto e prace á produción do helicóptero, redesignado MD 600N, en marzo de 1995.
McDonnell Douglas alongou a fuselaxe do MD 520N insertando un tapón detrás do tabique da cabina e alongando a cola onde estaba sistema NOTAR. A fuselaxe máis longa permitía instalar unha fila máis de asentos. Outras diferenzas en comparación co MD 520N eran un novo rotor principal de seis pás (o MD 520N tiña cinco) e un actualizado motor turboeixo Allison (agora Rolls-Royce) Model 250.
O prototipo modificouse ao estándar MD 600N cun motor e unha cola estándar de produción e voou en novembro de 1995, seguido seis meses despois polo primeiro prototipo de produción.[1] A súa certificación chegoi o 15 de maio de 1997, e as entregas comezaron no mes seguinte.
Tras a fusión de Boeing e McDonnell Douglas en 1997, Boeing vendeu as antigas liñas de helicópteros civís de MD á compañía neerlandesa RDM Holdings a principios de 1999.[1]
O 8 de marzo de 2017 MD Helicopters desvelou unha variante conceptual coñecida como o MD 6XX.[2] A diferenza do MD 600, o MD 6XX utiliza un rotor de cola tradicional e comparte o deseño da cola en T dos máis pequenos MD 500/530F.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Frawley, Gerard (2003). The international directory of civil aircraft, 2003/2004. Shrewsbury: Airlife. ISBN 1875671587. OCLC 1244855546.
- ↑ "MD unveils MD 6XX concept helicopter". Vertical Mag (en inglés). Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "MD Helicopters Debuts MD 6XX Concept Aircraft at HAI Heli-Expo 2017 - MD Helicopters". www.mdhelicopters.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2022. Consultado o 2022-04-28.