Luís Viñas Cortegoso
Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo o 26 de febreiro de 2000,[1] foi un inspector e editor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1912 Pontevedra, España |
Morte | 26 de febreiro de 2000 (87 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, editor |
Membro de |
Traxectoria
editarFillo de Joaquín Viñas del Monte e sobriño de José Viñas del Monte. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e obtivo o título en 1931. Exerceu como mestre de escola en Galicia. Trasladouse a Madrid en 1934 para ampliar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Profesor de instituto, foi depurado tras a guerra civil española pola súa relación co galeguismo, e tivo que comezar a vivir das artes gráficas. Ata 1950 non puido acceder a Inspector de Ensino Primario. Fundou, xunto con Xosé María Álvarez Blázquez, a Editorial Monterrey, e máis adiante, foi socio fundador da Editorial Galaxia. Anotou e editou a Vida y viajes literarios de Frei Martín Sarmiento (Edicións Monterrey, Vigo, 1952). Foi membro correspondentes da Real Academia Galega.
Nas eleccións xerais de 1977 ocupou o terceiro posto na candidatura do PSG pola provincia de Pontevedra.[2] Finou en Vigo o 26 de febreiro de 2000.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Viejo, Breixo (2012). "A arte de facer libros: traxectoria editorial e galeguista de Luis Viñas Cortegoso". A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco) (90): 275–291.