[go: up one dir, main page]

Lingua telugu

lingua dravídica

O telugu[3][4] (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugu en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fidxi, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia. Uns 70 millóns de persoas fálana como primeira lingua.

Telugu
తెలుగు
Pronuncia:t̪el̪uɡu
Falado en: India
Total de falantes: 75 000 000 (2007)[1]
Posición: 15
Familia: Dravídica
 Sur
  Sur-central
   Linguas telugu
    Telugu
Escrita: Telugu, braille telugu
Status oficial
Lingua oficial de: India India
Códigos de lingua
ISO 639-1: te
ISO 639-2: tel
ISO 639-3: tel
Mapa
Status

O telugu está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O telugu escríbese por medio dun silabario parcial procedente do brâhmî. Forma parte, canda o támil, da familia das linguas dravídicas.

O telugu é unha lingua aglutinante e con declinacións. Pola súa sonoridade vocálica os colonizadores ingleses denominárona o "italiano de Asia". En telugu, a conxugación ten en conta na flexión non só o tempo senón tamén a negación e a interrogación.

Pódense distinguir tres grandes períodos na historia da lingua telugu: o arcaico, que comeza no século VII a. C. conforme os primeiros documentos escritos que se gardan, o medio, desde o século IX ata o século XVII e máis o telugu moderno.

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de drávida no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. "telugu". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.