Liga de Campións da UEFA 1997-98
A Liga de Campións da UEFA 1997-98 foi a edición número 43 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA. As roldas previas da competición leváronse a cabo entre xullo e agosto. A fase de grupos comezou en setembro e rematou en decembro. Os cuartos de final foron en marzo, as semifinais en abril, e a final foi o 20 de maio de 1998. Na final enfrontáronse o subcampión da edición anterior, o Juventus FC, e mailo campión español, o Real Madrid, que venceu por 1 gol a 0.
Tipo | Liga de Campións da UEFA |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | União das Federações Europeias de Futebol (pt) |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 23 de xullo de 1997 – 20 de maio de 1998 |
Número de edición | 43 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid CF (7º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 85 |
Goles | 239 |
Gol | Alessandro Del Piero↔ Juventus FC (10) |
Número de espectadores | 2.868.568 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Fase de Grupos
editarOs 8 equipos que non tiveron que pasar pola fase previa eran: Borussia Dortmund, Juventus FC, Manchester United, Real Madrid, PSV Eindhoven, FC Porto, Bayern Múnic e AS Mónaco. Os outros 16 equipos que participaron na fase de grupos foron o que se clasificaron nas roldas previas.
Grupo Aeditar
|
Grupo Beditar
|
Grupo Ceditar
|
Grupo Deditar
|
Grupo Eeditar
|
Grupo Feditar
|
O mellor equipo de cada grupo acadou a clasificación para os cuartos de final da competición. As 2 prazas restantes foron para os 2 equipos con mellor puntuación dos 6 que remataron segundos:
Grupo | Segundos de grupo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F | Bayer 04 Leverkusen | 6 | 4 | 1 | 1 | 11 | 7 | +4 | 13 |
B | Juventus FC | 6 | 4 | 0 | 2 | 12 | 8 | +4 | 12 |
E | Paris Saint-Germain | 6 | 4 | 0 | 2 | 11 | 10 | +1 | 12 |
D | Rosenborg BK | 6 | 3 | 2 | 1 | 13 | 8 | +5 | 11 |
C | PSV Eindhoven | 6 | 2 | 3 | 1 | 9 | 8 | +1 | 9 |
A | Parma FC | 6 | 2 | 3 | 1 | 6 | 5 | +1 | 9 |
Eliminatorias
editarCompetición | Liga de Campións da UEFA | ||
Tempada | 1997-98 | ||
Estadio | Amsterdam Arena (Ámsterdan) | ||
Capacidade | 51.628 | ||
Campión | Real Madrid | ||
Finalista | Juventus FC | ||
Resultado | 1 - 0 | ||
|
O cadro das eliminatorias finais polo título de campión de Europa quedaron do seguinte xeito:
Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
4 de marzo - 18 de marzo | 1 de abril - 15 de abril | 20 de maio (Ámsterdan) | |||||||||||
Bayer Leverkusen | 1 | 0 | |||||||||||
Real Madrid | 1 | 3 | |||||||||||
Real Madrid | 2 | 1 | |||||||||||
Borussia Dortmund | 0 | 1 | |||||||||||
Bayern Múnic | 0 | 0 | |||||||||||
Borussia Dortmund | 0 | 1 | |||||||||||
Real Madrid | 1 | ||||||||||||
Juventus FC | 0 | ||||||||||||
Juventus FC | 1 | 4 | |||||||||||
Dynamo de Kíiv | 1 | 1 | |||||||||||
Juventus FC | 4 | 2 | |||||||||||
AS Mónaco | 1 | 3 | |||||||||||
AS Monaco | 0 | 1 | |||||||||||
Manchester United | 0 | 1 |
O Juventus FC adestrado por Marcello Lippi acadaba a súa 3ª final consecutiva, con xogadores como Alessandro Del Piero (máximo goleador da competición con 10 goles), Zinedine Zidane, Didier Deschamps, Edgar Davids e Filippo Inzaghi. A vitoria do Real Madrid na final de Ámsterdan, grazas ó gol do montenegrino Predrag Mijatović no minuto 66 en posible fóra de xogo, supuxo a sétima coroa continental para o club madrileño, e a primeira en 32 anos. O adestrador do equipo era o alemán Jupp Heynckes, e no cadro de xogadores salientaban os nomes de Raúl González, Roberto Carlos, Clarence Seedorf, Fernando Redondo, Fernando Hierro e Davor Šuker.