Lanza
Unha lanza é unha arma de hasta consistente nun pau de madeira, cunha cabeza en punta. A cabeza pode consistir simplemente nun remate agudizado do propio pau, como no caso das lanzas de bambú, ou pode estar feito dun material máis duro fixado ó pau, como sílex, obsidiana, ferro, aceiro ou bronce. Dende tempos antigos, o deseño máis común das lanzas de caza ou combate consiste nunha punta de metal con forma de triángulo ou folla. As cabezas das lanzas de pesca contan xeralmente con pugas e bordos serrados.
As lanzas poden ser divididas en dúas grandes categorías: as deseñadas para bater e empurrar en combate e as feitas para ser guindadas (comunmente referidas como xavelinas).
As lanzas foron empregadas ó longo da historia do ser humano como ferramenta de caza ou pesca e como arma. Como arma, pode empuñarse cunha man ou coas dúaa. Foi usada en practicamente todos os conflitos ata a idade moderna e foi probablemente a arma máis comunmente usada.[1]
Notas
editar- ↑ Weir, William. 50 Weapons That Changed Warfare. The Career Press, 2005, p 12.