Laboratorio de Formas
sociedade artística galega
O Laboratorio de Formas é unha sociedade sen fin de lucro, vencellada ao Grupo Sargadelos e que foi responsábel do deseño e investigación creativa dese grupo económico e artesanal.
Laboratorio de Formas | |
---|---|
Tipo | organización sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 1963 |
Premios | Premio Nacional de Iniciativa cultural e Premio Otero Pedrayo |
País | España e Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarCreado na Arxentina en 1963 da man de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat Lois, incorporouse posteriormente ao grupo de empresas Sargadelos, na súa sede en Galicia.
O Laboratorio de Formas foi o responsábel do deseño das liñas cerámicas de Sargadelos, mais tamén da coordinación inicial das actividades do grupo empresarial.
Recibiu en 2008 o Premio Nacional de Iniciativa cultural.
Notas
editar- ↑ Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (33): 35–41. ISSN 1136-3207.
- ↑ Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial. Revista galega de cultura (186): 46–53. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Laboratorio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.