La Jonquera
La Jonquera é un municipio do norte de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. O concello é fronteirizo con Francia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
Comarca | Alt Empordà | ||||
Capital | la Jonquera (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.387 (2023) (59,53 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 22 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 56,9 km² | ||||
Bañado por | Río Llobregat d'Empordà | ||||
Altitude | 110 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of La Jonquera (en) | Míriam Lanero Carrillo (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17700 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17086 | ||||
Código territorial IDESCAT | 170865 | ||||
Páxina web | lajonquera.cat |
Xeografía
editar- Superficie: 57,31 km²
- Altura media: 110 msnm
- Altitude: 42º 25" 11' N
- Latitude: 2º 52" 31' E
O municipio está situado a 57 km ao norte da capital provincial, na comarca do Alt Empordà; no límite entre España e Francia, xunto á comarca francesa do Vallespir. Accidentado pola serra da Albera. Predominan as sobreiras.
Historia
editarDesde o século XIII e ata o fin do réxime señorial, a mediados do século XIX, foi posesión dos Rocabertí. O Tratado dos Pireneos (1659) situou a nova fronteira entre lles monarquías hispánica e francesa na serra do Albera, feito que marcou a historia posterior de La Jonquera.
Escudo
editarO escudo de La Jonquera é un escudo acantonado, de prata, un feixe de engras de sinople cun atado de ouro. O escudo esta coroado por unha coroa mural de vila. Os xuncos son un elemento parlante tradicional, relativo ao nome da vila.
O escudo foi aprobado o 17 de decembro do 1990.
Demografía
editarLa Jonquera ten un total de 3.020 habitantes, dos cales 1.564 son homes e 1.456 mulleres segundo datos do INE 2006. En 2005 habían 3.016 habitantes dos cales 1.556 eran homes e 1.460 mulleres segundo datos do INE.
Núcleos de poboación
editarLa Jonquera está formado por cinco núcleos ou entidades de poboación:
- Canadal (9 hab.)
- la Jonquera (2.888 hab.)
- els Límits (115 hab.)
- Requesens (0 hab.)
- Sant Julià (4 hab.)
Economía
editarA agricultura de secaño e a manipulación do cortiza foron as actividades económicas máis importantes. Hoxe en día, a base da economía municipal é a actividade derivada da aduana do Portús. É un importante centro de servizos ao transporte, gran cantidade de actividade comercial pola súa proximidade a Francia.
Comunicacións
editarA estrada N-II e a autoestrada AP-7, saída de acceso número 2, comunican o municipio co resto da comarca e a provincia.
Lugares de interese
editar- Igrexa de Santa María, do século XVIII.
- Na portela de Panissars atópanse os restos dun priorado beneditino medieval (Santa Maria de Panissars) e a base dunha gran edificación romana, identificada coa Mansio Summum Pyrenaeum (no punto de encontro entre a Vía Domitia e a Vía Augusta) e os Trofeos que Pompeio erixiu tras vencer a Sertorio.
- O pobo de Requesens, accesible por Cantallops, conta co santuario da Mare de Déu de Requesens e o castelo de Requesens, reconstruído a finais do século XIX.
- Ruínas do antigo castelo de Rocabertí.
- O castelo de Canadal.
- O palacio de Ca l'Armet, mal conservado.
- La Porta Catalana (obra de Josep Lluís Sert), na fronteira.
- Museo do exilio, aberto en xaneiro de 2008, obra de Rafael Cáceres.
- Numerosos monumentos megalíticos (dolmen e menhir).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Jonquera |