laSexta3
laSexta3 foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de novembro de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014.[1] A súa oferta estaba baseada en cine tanto de produción española como internacional.
laSexta3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 1 de novembro de 2010 |
Fin das emisións | 5 de maio de 2014 |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 576i (SDTV), 16:9 |
Datos de audiencia | 1,8% (setembro de 2012, FormulaTV) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | España Andorra |
Canle/s irmá(s) | Antena 3 laSexta Neox Nova Nitro Xplora Gol Televisión Antena 3 HD laSexta HD |
Na rede
| |
Páxina web de laSexta3 | |
Historia
editarDesde o día 8 de outubro de 2010, laSexta3 emitiu o sinal da canle EHS TV, dedicado á teletenda. Este sinal desapareceu da canle o día 1 de novembro de 2010 co inicio das emisións regulares de laSexta3, cuxa programación pasou a ser de series de ficción e películas. O día 28 de febreiro de 2011 laSexta3 foi remodelada e, co sobrenome Todo Cine, cambiou a súa programación de ficción por cine converténdose na primeira canle dedicada ao cine en aberto en España.
A partir do 4 de xullo de 2011 convértese nunha canle de cine e sen telenovelas, xa que pasan a emitirse en laSexta2, pasando a unha canle 'Todo Novelas' (feito que durou pouco tempo).
O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 49 do operador de pago Imagenio.
A partir do 1 de maio, e co inicio da canle Xplora en substitución da antiga laSexta2, empeza unha denominación de transición: TODO CINE.
O 7 de outubro de 2012 a canle abandona as emisións do Mux Nacional 67 (842.00 Mhz) da TDT, pasando a emitir unicamente a traves do Mux denominado MPE1 xunto ás súas canles irmáns laSexta HD e Xplora.
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]
Audiencias
editarEvolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 0,4%** | 0,5% | 0,45%[6] |
2011 | 0,5% | 0,6% | 1,1% | 1,4% | 1,4% | 1,5% | 1,5% | 1,9% | 1,7% | 1,7% | 1,5% | 1,5% | 1,4%[6] |
2012 | 1,5% | 1,5% | 1,2% | 1,5% | 1,5% | 1,4% | 1,8% | 1,9%* | 1,8% | 1,3% | 1,4% | 1,5% | 1,5%[6] |
2013 | 1,4% | 1,4% | 1,6% | 1,6% | 1,5% | 1,6% | 1,6% | 1,9% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | 1,6%[6] |
2014 | 1,7% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | - | - | - | - | - | - | - | - | (%)[6] |
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.
Notas
editar- ↑ En novembro lanzarase laSexta3, a terceira canle en aberto, que se dedicará en exclusiva á ficción.
- ↑ El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT
- ↑ ¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?
- ↑ laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre
- ↑ "Audiencias diarias". FormulaTV.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Álvarez, José (6 de mayo de 2014). Fórmula TV, ed. "Adiós a laSexta3, la primera cadena exclusivamente de cine en España". Kantar Media. Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 6 de maio de 2014.