KH-3
KH-3 (Keyhole-3) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.[1][2]
Historia
editarOs KH-3 foron a terceira versión dos satélites Corona dos Estados Unidos para poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-3 consistía nunha cámara Corona panorámica mellorada e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara tiña unha apertura de f/3.5 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 7,5 m.[1][2]
Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.[1][2]
Lanzáronse seis KH-3 entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B. O último, que ademais estaba modificado cunha estrutura na parte frontal como prototipo dos KH-4, non chegou a órbita.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
KH-3 1 | 30 de agosto de 1961 | Thor Agena B | Éxito |
KH-3 2 | 12 de setembro de 1961 | Thor Agena B | Éxito |
KH-3 3 | 17 de setembro de 1961 | Thor Agena B | Éxito |
KH-3 4 | 13 de outubro de 1961 | Thor Agena B | Éxito |
KH-3 5 | 12 de decembro de 1961 | Thor Agena B | Éxito |
KH-3 6 | 13 de xaneiro de 1962 | Thor Agena B | Fallo |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-3 |