John Romero
Alfonso John Romero, nado en Colorado Springs, Colorado o 28 de outubro de 1967, é un director, deseñador e programador de videoxogos estadounidense, coñecido principalmente por ser o cofundador da empresa de videoxogos id Software e polo deseño dos xogos Wolfenstein 3D, Dangerous Dave, Hexen: Beyond Heretic, Doom e Quake entre outros. Os seus deseños e desenvolvementos nos videoxogos, xunto as técnicas de programación desenvolvidas polo cofundador de id Software e programador en xefe John Carmack, deron como resultado un grande aumento da popularidade do xénero dos first person shooters na década dos anos 1990.
Romero no 2012 | |
Nome orixinal | Alfonso John Romero |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de outubro de 1967 (57 anos) Colorado Springs, Colorado |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador e programador de videoxogos |
Empregador | Softdisk (en) id Software (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Brenda Romero (2012–) |
Páxina web | rome.ro |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Romero |
Bibliografía
editar- Kushner, David (2003). Masters of Doom: How Two Guys Created an Empire and Transformed Pop Culture (en inglés). Nova York: Random House. ISBN 978-0375505249.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |