Jenaro de la Fuente Domínguez
- Non confundir con Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963), o fillo.
Jenaro de la Fuente Domínguez, nado en Valladolid o 19 de setembro de 1851 e finado en Vigo o 21 de agosto de 1922, foi un arquitecto de facto e militar español que desenvolveu a súa actividade en Vigo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1851 Torquemada, España |
Morte | 21 de agosto de 1922 (70 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, exército |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Isolina Álvarez y Moyano |
Fillos | 4 (Jenaro, Isolina, Vicenta e José) |
Traxectoria
editarFacultativo Mestre Titular de Obras, tenente de Enxeñeiros Militares, procedente de Ferrol, chegou a Vigo en 1874, onde traballaría, como funcionario do concello, de director facultativo de Obras Municipais.
Exerceu de profesor de debuxo aplicado á ornamentación, modelaxe e baleirado na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Autodidacta e ecléctico, non tiña o título de arquitecto. En 1905 a Xunta de Arquitectos de Madrid solicitou ao Ministerio da Gobernación que fose separado do posto e en 1907 a Asociación de Arquitectos de Galicia presentou unha querela criminal contra el, sendo condenado polo Tribunal Supremo. Porén o anterior, o concello apoiouno sempre.
Casou en 1886 con Isolina Álvarez y Moyano, coa que tivo catro fillos. Ao seu pasamento ocupou o seu posto de arquitecto municipal o seu fillo Jenaro, arquitecto titulado.
Os seus restos descansan nun panteón deseñado por el mesmo no cemiterio de Pereiró e ten unha rúa adicada na cidade.[2]
Obra en Vigo
editarEntre outra, é destacable a seguinte:
- Casas para Manuel Bárcena, construídas entre 1879 e 1884, sede do Centro Social Afundación Vigo.[4]
- Edificio Rubira, 1880, Avda. de García Barbón esquina Colón, desaparecido en 1967.[5]
- Casa Bernardo Rodríguez López, 1883, rúa Colón esquina Príncipe.[6]
- Hotel Universal, 1888, rehabilitado no ano 2004.[7]
- Casa de Pedro Román, 1889. Anteriormente casino e Almacenes Ferro e Biblioteca Central dende 1995.[8]
- Casa Ramón Arbones Carballido, 1892, na Rúa Elduayen, edificada polo construtor Antonio González Romero.[10]
- Casa Prudencio Nandín, construído en dúas fases, 1892 e 1900, na Praza de Compostela.[11]
- Casa Ledo, 1893, na Porta do Sol.
- Casa de Felipe Collazo, 1904, na esquina da Avda. de Montero Ríos coa Rúa Concepción Arenal.[12]
- Casa Rosendo Silva, proxectada en 1907 xunto con Pacewicz, na P.a de Compostela esq. Concepción Arenal.[13]
- Casa González Salgado, 1909, na avenida de Montero Ríos.[14]
- Casas para Álvaro López Mora, 1908-1910, na Rúa Colón, n.os 29 e 31.[3]
- Casa de Eduardo Pardo Labarta, 1911. Edificada polo mestre canteiro José Araujo Pérez.[9]
- Edificio Bonín, 1911, construído polo vigués, Antonio González Romero.[15]
- Casa de Benigno e Camilo Fernández, 1913, na rúa Urzáiz.[16]
- Ampliación da fábrica La Metalúrgica, 1917, na rúa García Barbón.[17][18]
Conta con moita obra conservada en Bouzas.
Obras na provincia de Pontevedra
editar- Casa do concello de Gondomar, 1902.[19]
- Gran Hotel de Mondariz.[19]
- Balneario de Caldas de Reis, 1906.[19][20]
- Pazo de Lourizán en Pontevedra, 1909.[19]
- Chalé de Augusto González Besada en Poio, 1913.[19][20]
Galería de imaxes
editar-
Casa Bernardo Rodríguez López. Proxecto de 1883.
-
Hotel Universal, 1888.[7]
-
Casa de Pedro Román, 1889 (Biblioteca Central).
-
Casa de Prudencio Nandín, 1892 e 1900.[11]
-
Casa de Rosendo Silva, feita con Pacewicz, 1907.
-
Casa González Salgado, 1908.
-
Edificio Bonín, 1910.[15]
-
Casa do Concello de Gondomar.
-
Gran Hotel de Mondariz.
-
Pereiró, panteón de Jenaro de la Fuente.
Notas
editar- ↑ Eclecticismo pleno (1880-1910) en vigoenfotos.com de Javier Albertos (en varias linguas).
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 135. ISBN 84-87379-47-8.
- ↑ 3,0 3,1 Casas para Álvaro López Mora en Turgalicia.
- ↑ 4,0 4,1 Casas de Bárcena na páxina do concello.
- ↑ Edificio Rubira en Arquitectura y Urbanismo de Vigo.
- ↑ Casa Bernardo Rodríguez López en Turgalicia.
- ↑ 7,0 7,1 Hotel Universal na páxina do concello.
- ↑ Casa Pedro Román en Turgalicia.
- ↑ 9,0 9,1 Casa de Pardo Labarta Casa de Pardo Labarta en Turgalicia.
- ↑ Casa Ramón Arbones en Turgalicia.
- ↑ 11,0 11,1 Casa Prudencio Nandín en Turgalicia.
- ↑ Casa de Felipe Collazo en Turgalicia.
- ↑ Casa Rosendo Silva en Turgalicia.
- ↑ Casa González Salgado en Turgalicia,
- ↑ 15,0 15,1 Edificio Bonín na páxina do concello.
- ↑ Casa de Benigno y Camilo Fernández en Turgalicia.
- ↑ Obra orixinal en 1900 de José Barreras Massó.
- ↑ "La nueva imagen de La Metalúrgica". VigoÉ (en castelán). 21/2/2020. Consultado o 25/3/2020.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Jenaro de la Fuente, según Jaime Garrido
- ↑ 20,0 20,1 La huella de Jenaro de la Fuente
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Garrido Rodríguez, Xaime (1991): Vigo. La ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada, Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-66-1.
- Garrido Rodríguez, Xaime (2000): Arquitectura da pedra en Vigo. Produción Galaxia, edición Construcciones Conde, Vigo. ISBN 84-605-9897-7.
- Garrido Rodríguez, Xaime (2016): Jenaro de la Fuente Domínguez. El gran artífice del Ensanche vigués y su abundante obra arquitectónica. IEV. ISBN 978-84-89599-62-9.
- Garrido Rodríguez, Xaime. Silverio Cañada, ed. "FUENTE Y DOMÍNGUEZ, Jenaro de la" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jenaro de la Fuente Domínguez |