Jan Kochanowski
Jan Kochanowski, nado en 1530 en Sycyna e finado o 22 de agosto de 1584, foi un poeta renacentista polaco, que marcou modelos poéticos que se converteron en clásicos na lingua literaria polaca. É considerado como o máis grande dos poetas de Polonia e o maior do mundo eslavo con anterioridade ao século XIX.[1]
Traxectoria
editarKochanowski naceu en Sycyna, preto de Radom, Polonia. Pouco é o que se sabe sobre a súa educación inicial. Aos catorce anos de idade, porén, dominaba o latín, e foi enviado á Cracovia á súa famosa Academia. Cando se graduou en 1547, con só 17 anos, pasou para a Universidade de Königsberg (na actual Królewiec), naquela altura no ducado de Prusia, e máis tarde, marchou á Universidade de Padua en Italia. En Padua, Kochanowski entrou en relación co grande humanista Francis Robortello. Kochanowski pechou o seu décimo quinto ano de estudos, viaxando a Francia, onde se encontrou co poeta Pierre Ronsard.
En 1559 Kochanowski retornou para o seu país. Pasou os seguintes quince anos na corte do rei Sexismundo II de Polonia, servindo alí certo tempo como secretario real. No ano 1574, a continuación do interregno polaco e a presentación ás eleccións libres do rei Henrique de Valois (cuxo candidatura ao trono de Polonia apoiara Kochanowski), Kochanowski retirouse para os seus estados familiares de Czarnolas ("Bosque Escuro") para levar a vida dun fidalgo. En 1575 casou con Dorota Podlodowska, coa que tivo sete fillos.
Kochanowski é chamado, ás veces, en polaco "Jan de Czarnolas", porque foi aí onde escribiu as súas obras máis memorábeis, como A Despedida dos Enviados Gregos e Lamentos.
Kochanowski faleceu, posibelmente dun ataque ao corazón, en Lublin, o 22 de agosto de 1584.
Obras
editarOs primeiros poemas de Kochanowski foron escritos en Latín, pero moi logo volveu para a súa lingua vernacular, creando versos que o converteron no fundador da poética polaca.
As súas obras mestras son Treny (Lamentos) — unha serie de dezanove elexías sobre a morte da súa querida filla de dous anos e medio de idade, Urszula; e Odprawa posłów greckich (A Despedida dos Enviados Gregos of the Greek Envoys, 1578), unha traxedia en verso branco, que narra un episodio da Guerra de Troia. Foi a primeira traxedia escrita en polaco, e o seu themaacerca das responsabilidades dos homes de estado, segue a resoar no día de hoxe. A peza foi representada durante as vodas de Jan Zamoyski con Krystyna Radziwiłł, no Castelo de Ujazdów, en Varsovia, o día 12 de xaneiro de 1578.[2]
Os Lamentos de Kochanowski , especialmente, conmoven ao lector polos seus desafectados sentimentos, expresados con digna maneira, como nunha xeración posterior, faría Shakespeare.
Notas
editar- ↑ Paul Murray, "The Fourth Friend: Poetry in a Time of Affliction," Logos: A Journal of Catholic Thought and Culture, vol. 8, no. 3 (Summer 2005), pp. 19-39.
- ↑ Stefan Kieniewicz, ed., Warszawa w latach 1526-1795 (Warsaw in the Years 1526-1795), vol. II, Warsaw, 1984, ISBN 83-01-03323-1, pp. 157-58.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jan Kochanowski |
Bibliografía
editar- Czesław Miłosz, The History of Polish Literature, 2nd edition, Berkeley, University of California Press, 1983, pp. 60–80.
- Jan Kochanowski, Laments, traducido por Stanisław Barańczak e Seamus Heaney, Nova York, Farrar, Strauss and Giroux, 1995.