Independentismo feroés
O independentismo feroés ou movemento nacional feroés (en feroés: Føroyska Tjóðskaparrørslan ou Føroyska Sjálvstýrisrørslan) é un movemento político que busca o establecemento das Illas Feroe como estado soberano fóra de Dinamarca.[1][2][3] Entre as razóns para a total autonomía inclúense a división lingüística e cultural entre Dinamarca e as Illas Feroe, así como a súa falta de proximidade entre si; as Illas Feroe están a uns 990 km das costas dinamarquesas.
Preocupacións pola viabilidade económica
editar“ | No presente, só os cartos nos conectan con Dinamarca. Todos os feroeses coinciden en que debemos ter as nosas propias escolas e unha lingua propia. A batalla cultural rematou. O diñeiro dinamarqués é o obstáculo para a independencia". | ” |
—Høgni Hoydal, parlamentario feroés e líder do partido Tjóðveldi.[4] |
Aínda que gozan dunha cantidade significativa de autonomía con respecto a Dinamarca, as Illas Feroe aínda dependen regularmente de 99,8 millóns de dólares de subvencións do goberno para manter a súa economía estable;[5] en 1992, un caída bancaria do 25% fixo que a economía se atopase nun período de estancamento e o 15% da poboación migrou a Dinamarca continental.[6] O apoio financeiro do goberno dinamarqués representa o 4,6% do produto interior bruto feroés e representa entre o 10 e o 12% do orzamento público.[4]
A compañía norueguesa de petróleo e gas Statoil interesouse polas perspectivas de petróleo nas augas fronte ás illas Feroe, embarcando nunha operación de exploración de petróleo estimada en 166,46 millóns de dólares.[6] Exxon Mobil e Atlantic Petroleum tamén teñen participacións nas plataformas de perforación que se están instalando en augas feroesas.[7] Se estas operacións teñen éxito e atopan as abundantes cantidades proxectadas de petróleo (un valor de 568.500 dólares por cada residente das Illas Feroe), a perspectiva da independencia pode recibir un impulso.[6]
Notas
editar- ↑ Adler-Nissen, Rebecca (2014). "The Faroe Islands: Independence dreams, globalist separatism and the Europeanization of postcolonial home rule" (PDF). Cooperation and Conflict 49 (1): 55–79. ISSN 0010-8367. JSTOR 45084243. doi:10.1177/0010836713514150.
- ↑ Ackren, Maria (2006). "The Faroe Islands: Options for Independence". Islands Journal 1.
- ↑ Skaale, Sjúrður. (2004). The right to national self-determination : the Faroe Islands and Greenland. Nijhoff. ISBN 90-04-14207-X. OCLC 254447422.
- ↑ 4,0 4,1 Topdahl, Rolv (20 de agosto de 2012). "The Faroese nearer independence with oil". Aenergy. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ Weinberg, Cory (7 de abril de 2012). "Iceland's Neighbours Turn Up Heat On Declaring Independence". Reykjavik Grapevine. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Topdahl, Rolv. "Oil can turn the Faroe Islands into the new Kuwait". 23 de agosto de 2012. Aenergy. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ "Statoil to spud eighth Faroe well in two weeks". Aenergy. 1 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.