[go: up one dir, main page]

Idomeneo, re di Creta

Idomeneo, re di Creta (en galego, Idomeneo, rei de Creta) é unha ópera en tres actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Giambattista Varesco, segundo un texto en francés de Antoine Danchet ao que puxo música André Campra como Idoménée en 1712. Carlos Teodoro, elector de Baviera, fíxolles o encargo a Mozart e Varesco en 1780 para un carnaval de corte. Probablemente elixiu o tema, aínda que puido ter sido Mozart.[6] Foi estreada o 29 de xaneiro de 1781 no Cuvilliés-Theater de München baixo a dirección do propio compositor.

Idomeneo, re di Creta
Idomeneo, rei de Creta
Fronte do libreto orixinal.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiambattista Varesco
Fontes literariasBaseado no libreto Idomenée de Antoine Danchet (1731), composición de André Campra[1]
Estrea29 de xaneiro de 1781
Teatro da estreaCuvilliés-Theater
Lugar da estreaMünchen
Duración3 horas 30 minutos[2]
Música
CompositorWolfgang Amadeus Mozart
coroParticipación destacable[3]
Orquestración1 clavicordio
1 timbais
2 frautas
1 piccolo
2 óboes
2 clarinetes
2 fagots
4 trompas
3 trombóns
Instr. de corda: * violíns (primeiros e segundos)
* violonchelos
* violas
* contrabaixos
EditorialImbault 1795 aprox.
Personaxes

Idomeneo (tenor lírico-spinto)
Idamante (tenor lírico)[4]
Ilia (soprano lírica)
Voz do oráculo (baixo)
Arbaces (tenor lírico)
Sumo sacerdote de Neptuno (tenor lírico)
Electra (soprano dramática)
Cretenses, prisioneiros troianos, sacerdotes de Neptuno, mariñeiros e soldados.[5]

Instrumentación orixinal

editar

A partitura de Mozart prevé o emprego de cordas, dúas frautas, un piccolo, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, tres trombóns, timbais. E para os recitativos, clavicordio e violonchelo.

Personaxes

editar
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 29 de xaneiro de 1781
(Director: Wolfgang Amadeus Mozart)
Ilia, princesa de Troia soprano Dorothea Wendling
Idomeneo (Idomeneus), rei de Creta tenor Anton Raaff
Idamante (Idamantes), fillo Idomeneo soprano castrato (posteriormente reescrito para tenor) Vincenzo dal Prato
Elettra (Electra), princesa de Argos soprano Elisabeth Wendling
Arbace (Arbaces), conselleiro de Idomeneo tenor Domenico de' Panzacchi
Sumo sacerdote de Neptuno tenor Giovanni Valesi
Voz do Oráculo de Neptuno baixo
Dúas mulleres cretenses soprano e mezzo-soprano
Dous Troianos tenor e baixo
  1. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 109. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  3. Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  4. La Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala mezzosoprano e tenor.
  5. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  6. David Cairns, Mozart and his Operas, 2006, p. 36. University of California Press. ISBN 978-0-520-22898-6

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.