[go: up one dir, main page]

Grímsey é unha pequena illa islandesa, situada 40 km ao norte da Islandia, atravesada polo Círculo Polar Ártico, coas cordenadas 66°33'17"N, 018°01'03"O, e cuxo punto máis elevado atópase a unha altitude de 105 metros. A terra máis próxima á illa, é a illa de Flatey, 39´4 km ao sur. Grímsey constitúe un concello (hreppur) e o seu nome administrativo é Grímseyjarhreppur. Pertence ao condado de Eyjafjarðarsýsla.

Modelo:Xeografía políticaGrímsey
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 66°32′37″N 18°00′05″O / 66.5436, -18.0014
País insularIslandia
RexiónNorðurland eystra
CidadeAkureyri Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación61 (2018) Editar o valor en Wikidata (11,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie5,3 km² Editar o valor en Wikidata
Medición1,9 (ancho) × 4,8 (lonxitude) km
Bañado porMar de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Altitude105 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webakureyri.is… Editar o valor en Wikidata

A súa superficie é de 5´3 km cadrados. É o punto habitado máis setentrional da Islandia, cunha poboación de só 103 habitantes (no 2007). A súa principal industria é a da pesca. A illa está ligada ao resto da Islandia (Dalvík) grazas a un transbordador e dispón dun pequeno aeroporto (código IATA: GRY), servido por voos regulares ata Akureyri.

Ligazóns externas

editar