[go: up one dir, main page]

Germán Sánchez Ruipérez

Germán Sánchez Ruipérez, nado en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) o 12 de setembro de 1926 e finado na República Dominicana o 12 de febreiro de 2012[1], foi un empresario do mundo da edición e mecenas cultural de España.

Modelo:BiografíaGermán Sánchez Ruipérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Peñaranda de Bracamonte, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 2012 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1109428

Traxectoria

editar
 
Exposición Germán, sobre a vida de Germán Sánchez Ruipérez, na Casa del Lector.

Fillo dunha mestra e un libreiro, trasladouse coa familia a Salamanca ao rematar a Guerra Civil e en 1942 incorporouse ao negocio familiar da librería. Casou en 1953 con Ofelia Grande e nesa época viaxou a Londres, onde coñeceu a Stanley Unwin, que sería fundamental para a súa formación no negocio editorial.

En 1958 fundou Ediciones Anaya S.A., con sede en Salamanca, que se orienta á edición de libros educativos e de texto. Amigo do filólogo Fernando Lázaro Carreter, os manuais de literatura española que este escribe para a súa editorial e o seu asesoramento converteron á editora nunha das grandes de España. Posteriormente estendeu a súa actividade a outras empresas editoriais creando Cátedra, Pirámide, Barcanova, Algaida, Anaya Multimedia e Anaya Interactiva, e adquiriu outras, como Tecnos, Bibliograf, Credsa, Alianza Editorial (un dos seus grandes éxitos profesionais) e Ediciones del Prado. Da suma de todas elas naceu o Grupo Anaya SA. Neste proceso contou con colaboradores como Antonio Basanta e Felicidad Orquín. Unha das súas preocupacións foi o desenvolvemento da cultura do libro infantil, creando varios premios ao fomento da lectura e á excelencia profesional de profesores e escritores. Ademais iniciou unha expansión polo continente americano, creando editoriais independentes con socios locais.

En 1981 creou a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, con sedes en Madrid, Peñaranda de Bracamonte e Salamanca, dedicada á formación de profesionais do sector editorial e ao fomento da lectura, e impulsou a creación da Casa del Lector en Madrid. En 1990 fundou un periódico, El Sol, que durou dous anos, e desde as súas páxinas fomentou a cultura publicando unha colección económica de grandes autores da literatura universal que se vendía conxuntamente con cada exemplar. Nos últimos anos foi desprendéndose das distintas empresas que adquiriu, incluída Alianza, e vendeu a empresa fundacional, para quedar só á fronte da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, cuxo único obxectivo segue sendo a difusión da lectura.

Morreu logo de dous días hospitalizado na República Dominicana. A súa sobriña neta, Ofelia Grande, é a directora de Siruela.

  1. Muere el editor Germán Sánchez Ruipérez El País, 12 de febreiro de 2012 (consultado o 12 de febreiro de 2012).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar