[go: up one dir, main page]

Gamal Abdel Nasser

Gamal Abdel Nasser (en árabe جمال عبد الناصر‎ - Jamāl ‘Abd an-Nāsir), tamén transliterado como Jamal Abd al-Naser, Jamal Abd An-Nasser e outras variantes, nado en Alexandría o 15 de xaneiro de 1918 e finado no Cairo o 28 de setembro de 1970, foi un líder político exipcio.

Modelo:BiografíaGamal Abdel Nasser

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) جمال عبد الناصر Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Alexandría (Sultanato de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
O Cairo (República Árabe Unida) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGamal Abdel Nasser Mosque (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro do Exipto
19 de xuño de 1967 – 28 de setembro de 1970
← Muhammad Sedki Sulayman (en) TraducirMahmoud Fawzi (en) Traducir →
Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
5 de outubro de 1964 – 8 de setembro de 1970
← Josip Broz TitoKenneth Kaunda (pt) Traducir →
Presidente da Organización para a Unidade Africana
17 de xullo de 1964 – 21 de outubro de 1965
← Haile SelassieKwame Nkrumah →
Primeiro ministro do Exipto
22 de febreiro de 1958 – 29 de setembro de 1962
← Gamal Abdel NasserAli Sabri (en) Traducir →
Presidente de Exipto
23 de xuño de 1956 – 28 de setembro de 1970
← Muhammad Naguib (pt) TraducirAnwar el-Sadat →
Primeiro ministro do Exipto
18 de abril de 1954 – 22 de febreiro de 1958
← Muhammad Naguib (pt) TraducirGamal Abdel Nasser →
Primeiro ministro do Exipto
25 de febreiro de 1954 – 8 de marzo de 1954
← Muhammad Naguib (pt) TraducirMuhammad Naguib (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo - dereito
Academia Militar Exipcia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e exército Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoUnión Árabe Socialista Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNasserismo (pt) Traducir, nacionalismo árabe, Socialismo árabe (pt) Traducir, Progresismo e Nacionalismo exipcio Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Egípcio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente coronel
Coronel Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil do Iemen do Norte
Guerra árabe-israelí de 1948
Guerra árabe-israelí de 1948 Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de abril de 1955Conferencia de Bandung Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTahia Kazem (1944–1970) Editar o valor en Wikidata
FillosMona Gamal Abdel Nasser, Khalid Abdel Nasser Editar o valor en Wikidata
ParentesAshraf Marwan, xenro
Jamal Marwan, daughter's son Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Насер Гамаль Абдель)
Larousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0621959 Allocine: 37200
BNE: XX1045783 Musicbrainz: f1dd3c6d-25e0-4962-a1a9-9df56e33c3e0 WikiTree: Nasser-12 Find a Grave: 8183644 Editar o valor en Wikidata
Gamal Abdel Nasser

Traxectoria

editar

Pioneiro do socialismo árabe e líder da súa loita nun dos períodos máis críticos da súa historia. Nasser naceu o 15 de xaneiro de 1918 no pobre suburbio alexandrino de Bacos. Falando verbo da súa infancia Nasser dicía: "Estou fachendoso de pertencer a esta pequena vila de Beni Morr. E estou máis fachendoso de ser membro dunha pobre familia desta vila. Estou dicindo estas palabras para a historia, Nasser naceu nunha familia pobre e prometo que vivirá e morrerá como un home pobre".

Beni Morr é unha pequena vila no Alto Exipto asentada na provincia de Assiut. Pertencer a este lugar pode que sexa a razón pola que Nasser sempre focalizaba-los seus pensamentos nos campesiños. O pai de Nasser era un empregado de clase media que fixo consciente a Nasser da pobreza da maioría do pobo de Exipto.

Ingresou na academia militar despois da sinatura do pacto de 1936, que permitía os mozos da clase máis baixa unirse a esta academia onde antes non eran admitidos. Graduouse en xullo de 1938 e logo uniuse ó Exército Exipcio.

Insatisfeito coa corrupción do réxime do rei Farouk e coa ocupación británica, xunto cun grupo de amigos formou unha organización semiclandestina, Os Oficiais Libres, coñecidos en Exipto como El-Dhobatt El-Ahrar. Loitou na primeira guerra árabe-israelí en 1948. Participar nesta guerra aumentou a súa consciencia do Problema Palestino e o caso contemporáneo árabe.
A corrupción do goberno interior e a perda da guerra de 1948 foron os motivos principais que fixeron que Os Oficiais Libres conducidos polo xeneral Mohamed Naguib alzaran a revolución do 23 de xullo de 1952. O xeneral era un oficial de alta graduación respectado que só designaron como líder para realza-la credibilidade do golpe.

O 26 de xullo, o Rei Farouk de Exipto abandonou Alexandría no seu iate persoal, nunca regresou a Exipto, o seu fillo, Ahmad Fouad, foi declarado rei. Ós restos das tropas británicas se lles pediu que abandonaran o país e, en 1954, foise o derradeiro soldado británico.
Os Oficiais Libres gradualmente se ocuparon da política durante os seguintes anos. En 1953, depuxeron a Ahmad Fouad, o derradeiro rei, e declararon a Exipto república, con Mohamed Naguib como primeiro presidente. Naguib, que creceu no antigo sistema, era un valoroso pero pacífico home que non tiña plans para un cambio radical. Así que foi deposto en 1954 polo verdadeiro líder do golpe, Nasser, que chegaba así á cabeza do estado.

Só cando Nasser se converteu en presidente o golpe militar do 1952 empezou a xirar cara a unha verdadeira revolución social e política. Foi moi gabado pola súa nacionalización do Canle de Suez, a súa reforma agraria, e as súas políticas socialistas que sacaron á vasta maioría dos exipcios da pobreza. Nasser conseguiu unha popularidade descoñecida até entón no mundo árabe. Era admirado polo seu apoio ó nacionalismo árabe; os seus programas sociais domésticos (que, por primeira vez na historia de Exipto, buscaban o mellor para a maioría labrega).

Nasser pasóu a súa vida defendendo o nacionalismo árabe e o dereito a liberdade dos pobos. Apoiou os movementos liberais contra todo tipo de ocupación nos países en desenvolvemento. Nasser era o líder-fundador do movemento Non aliñado. Só có Nehru da India e Sukarno de Indonesia.

Pouco despois da derrota de 1967, Nasser estaba resignado, pero milleiros de cairenses marcharon no seu apoio. Durante os seguintes tres anos, Nasser fixo o que puido para reconstruí-lo exército e case o logra. A súa morte en 1970 por serias complicacións da súa saúde foi un shock para todo o mundo árabe. Nun despregue de emoción, millóns de exipcios seguiron a súa procesión funeraria a través das rúas do Cairo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar