Francisco Blanco Salcedo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Francisco Blanco Salcedo, nado en Capillas (Palencia) o 1 de xaneiro de 1512 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1581, foi un relixioso castelán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1512 Capillas, España |
Morte | 26 de abril de 1581 (69 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
4 de xuño de 1574 – ← Cristóbal Fernández Valtodano (pt) – Juan de Liermo Hermosa (pt) → | |
Bishop of Malaga (en) | |
13 de abril de 1565 – ← Bernardo Manrique (en) – Francisco Pacheco de Córdoba (en) → Diocese: diocese de Málaga | |
Bispo de Ourense | |
12 de xuño de 1556 – ← Francisco Manrique de Lara – Fernando Tricio Arenzana → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | clérigo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Valladolid |
Consagración | Pedro de La Gasca (pt) |
Traxectoria
editarFoi alumno do Colexio Maior da Santa Cruz de Valladolid, e tra ser ordenado sacerdote exerceu na diocese de León. Pasou a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Valladolid.
Foi nomeado bispo da diocese de Ourense polo papa Paulo IV. En Ourense creou o hospital de San Roque. En 1561 participou no Concilio de Trento. O rei Filipe II propúxoo como bispo da diocese de Málaga, e o papa Pío IV nomeouno como tal. Fixo fronte á sublevación dos mouriscos que se refuxiaron no peñón de Frigiliana, que rematou coa súa rendición o 11 de xullo de 1569.
En 1574 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela polo papa Gregorio XIII, chegando á cidade o 2 de setembro de dito ano. No período de comezo de intromisión do castelán en Galicia, mandou mudar por Los Ángeles os nomes das parroquias de Santa María de Perras (actual parroquia dos Ánxeles, no concello de Boimorto) e Santa María de Perros (actual parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión).
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Francisco Manrique de Lara |
Bispo de Ourense 1556–1565 |
Sucesor: Fernando Tricio Arenzana |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |