Fort Wayne é unha cidade situada no Estado de Indiana, nos Estados Unidos, concretamente no Condado de Allen. A poboación era de 253.691 no ano 2010, sendo a 74ª cidade máis grande dos Estados Unidos e a segunda máis grande de Indiana. Está localizada ao nordeste de Indiana, a 29 km ao oeste da fronteira co Estado de Ohio, e a 80 km ao sur da fronteira con Míchigan.