[go: up one dir, main page]

Fiz de Xirona, ou Fiz, o Africano, tamén Fins de Xirona e Fins, o Africano, foi un mártir xerundense que morreu durante a última persecución de Diocleciano contra os cristiáns, no ano 304.

Modelo:BiografíaFiz de Xirona
Biografía
NacementoSéculo IV
África
MorteSéculo IV
Xirona, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de agosto Editar o valor en Wikidata

Primeiros anos

editar

Fiz era un segrar de procedencia africana que predicou o Evanxeo e a fe cristiá en Xirona e que aceptou até as súas últimas consecuencias o seu compromiso. Coñécese a súa amizade con Covade, mártir en Barcelona, incluso tamén se chegan a considerar irmáns.[1]

Martirio

editar

En 303, Diocleciano deu a orde de exterminar os cristiáns no que sería a última das grandes persecucións contra o cristianismo no Imperio romano. As autoridades romanas detiveron a Fiz en Empúries.[1] Este negouse a rexeitar a súa fe, motivo polo que foi condenado á morte. Foi azoutado e tirado á auga cunha roda de muíño atada ao pescozo. Morreu desangrado, tras ser despedazado con garfos.[1]

Foi enterrado nun cemiterio que existía nos arredores da cidade, á beira do actual portal de Sobreportas que abre a Vía Augusta desde o norte. A súa tumba, visitada polos devotos, converteuse pronto nun lugar de peregrinación e para protexela construíuse unha edificación, martyrium ou pequeno santuario. A partir deste martyrium construíuse unha primeira igrexa románica que constituíu a orixe da actual basílica de San Fiz de Xirona e a súa localización orixinal correspondería ao actual presbiterio. Por tanto a igrexa de San Fiz é o templo cristián máis antigo da cidade de Xirona e foi a súa catedral até a consagración da catedral de Santa María de Xirona no século XI.

 
Imaxe de San Fiz, na igrexa parroquial de San Fiz de Nigrán.

En Santiago de Compostela custódianse algunhas reliquias deste santo e de San Covade, conseguidas por Diego Xelmírez.[1] É patrón dalgunhas parroquias galegas.

Devoción

editar

O martirio de San Fiz de Xirona conmemórase o día 1 de agosto, de acordo co Martiroloxio da Igrexa católica: “S. Felice. A Xirona in Spagna, ricordo dei S. Felice, martire durante a persecuzione dell'imperatore Diocleziano”[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  2. "Martirologio de la Iglesia Católica". Consultado o 28 de marzo de 2017.