Fenotipo
En bioloxía denomínase fenotipo[1] á manifestación visíbel do xenotipo nun determinado ambiente.
O fenotipo dun organismo individual está definido pola aparencia física e mais a constitución. Especificamente maniféstase como trazas que varían entre os diferentes individuos tales como o tamaño ou a cor dos ollos.
O fenotipo está determinado, en certa medida polo xenotipo, ou pola identidade dos alelos, os cales, individualmente, ocupan unha ou máis posicións nos cromosomas. Algúns fenotipos están determinados polos múltiples xenes, influenciados ademais por factores do medio. Desta maneira, a identidade dun, ou duns poucos alelos coñecidos, non sempre permite unha predición do fenotipo.
Así e todo, como os fenotipos son moito máis doados de observar do que os xenotipos (non se necesita ningún tipo de exame químico para determinar a cor de ollos dunha persoa), a xenética clásica usa os fenotipos para determinar as funcións dos xenes. Os experimentos de reprodución poden probar estas interferencias. Desta forma, estudos xenéticos temperáns son capaces de rastrexar os padróns hereditarios sen ningún tipo de coñecemento da bioloxía molecular.
A interacción entre o xenotipo e mais o fenotipo describiuse a miúdo usando a simple ecuación que se expón a continuación:
- Fenotipo = xenotipo + ambiente
En conclusión, o fenotipo é calquera característica detectábel dun organismo (por exemplo, estrutural, bioquímico, fisiolóxico e as relativas á conduta) determinado por unha interacción entre o seu xenotipo e o seu medio.
A idea de fenotipo como o produto do xenotipo foi xeneralizada por Richard Dawkins no seu libro O fenotipo estendido de 1982.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Fenotipo.