[go: up one dir, main page]

Faramir

personaxe da novela O Señor dos Aneis

Faramir é un personaxe da novela O Señor dos Aneis escrita por J. R. R. Tolkien. É o fillo máis novo de Denethor II, Mordomo de Gondor, e de Finduilas de Dol Amroth. O seu irmán máis vello é Boromir.

Faramir
Personaxe de O Señor dos Aneis

Faramir
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Raza Dúnedain
Sexo Masculino
Nacemento 2983 T. I.
Título Senescal de Gondor
Señor de Emyn Arnen
Familia Finduilas (mai)
Denethor II (pai)
Boromir (irmán)
Cónxuxe Éowyn
Fillos Elboron
Residencia Minas Tirith
Emyn Arnen
Nacionalidade Gondoriano
Perfil en IMDb

Traxectoria

editar

Faramir é moi distinto ao seu irmán: para el o coñecemento e a sabedoría prevalecen sobre a forza e o poder. É xunto a Aragorn o único humano que resiste á tentación do Anel, o que o fai aínda máis admirable. Gran condutor de homes, era reverenciado e amado polo seu pobo, así como todos canto o coñeceron.

Admiraba ao seu irmán (estaban moi unidos) e ansiaba o amor do seu pai, que sentía pouco amor por el e prefería ao seu irmán, o cal case o leva á morte na Guerra do Anel. Foi enviado polo seu pai a defender o posto de Osgiliath, o cal resultou case suicida. Regresou moribundo a Minas Tirith, tras ser atacado polos Nazgûl.

Denethor de súpeto sente remorsos por lle escatimar o seu agarimo ao seu único fillo vivo (pois Boromir morrera pouco antes) e desesperación pola aparente caída do seu reino, e decide inmolarse xunto ao seu fillo, a quen cre morto.

Pipin, arrepiado, avisa a Gandalf, quen chega a tempo para salvar a Faramir, aínda que non a Denethor. Posteriormente é levado ás Casas da Saúde e curado por Aragorn con axuda da herba athelas.

Cando Aragorn subiu ao trono de Gondor, recoñeceu en Faramir a un gran mandatario, leal e xusto. Ademais de ratificalo como Mordomo do Reino e Capitán de Gondor, concedeulle o título de Príncipe de Ithilien.

Durante a súa estadía nas Casas da Saúde, coñeceu a Éowyn, Señora de Rohan e irmá de Eomer, Rei dos Rohirrim e entre eles floreceu o verdadeiro amor. Terminada a Guerra do Anel, casou con ela e xuntos tiveron un fillo chamado Elboron. Finalmente residiron en Emyn Arnen.

Pipin, por agarimo e admiración ao Mordomo de Gondor, chama Faramir ao primeiro fillo que ten xunto á súa esposa Diamante de Quebra Longa, o cal logo casaría con Riciños de Ouro, filla de Samsagaz Gamllí e Rosiña Cotón.

Faramir comparte co propio Tolkien e con Christopher, o fillo máis novo deste, un soño recorrente de temática atlántida. No soño unha grande onda arrasa e afunde baixo a auga un país, que no mundo de Tolkien será Númenor, patria orixinaria dos Dúnedain.

O personaxe de Faramir é interpretado na saga de Peter Jackson polo actor David Wenham; na trama cinematográfica non manexan o carácter do personaxe da mesma forma que no libro: móstrase como un máis dos que sucumbe á ambición de poder que irradia o Anel Único, e non como o mostrou Tolkien no libro, onde é un dos que logra resistirse ao poder do anel.