Eumetazoos
Eumetazoos Rango fósil: Ediacárico - Presente | |||
---|---|---|---|
Bolinopsis infundubulum | |||
Clasificación científica | |||
| |||
Phyla | |||
Radiata (sen clasificar) Bilateria (sen clasificar)
|
Os eumetazoos (ou eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.
Características
editarOs eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectoderma, endoderma e opcionalmente mesoderma, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación ao parasitismo.
Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence á rama dos Bilateria. Fóra deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estes son os Cnidaria, (que abarca as Anemones, os corais e as medusas) e os Ctenophora.
Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.
Clasificación
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Eumetazoa
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata
- Cnidaria
- Ctenophora
- Bilateralia, Triblastica, Triploblastica
- Protostomia
- Lofoforados
- Deuterostomia
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eumetazoos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eumetazoos |
Ligazóns externas
editar- Bilateria. Arquivado 22 de marzo de 2021 en Wayback Machine. Tree of Life web project, US National Science Foundation. 2002. 6 Jan 2006. (en inglés)