[go: up one dir, main page]

Os esteroides sexuais, tamén chamados esteroides gonadais ou hormonas esteroides sexuais, son hormonas esteroides que interaccionan cos receptores para os andróxenos e estróxenos dos vertebrados.[1] Os seus efectos están mediados por mecanismos xenómicos lentos por medio de receptores nucleares e por mecanismos non xenómicos rápidos por receptores asociados a membranas e cascadas de activación.[2] O termo hormona sexual é practicamente sinónimo de esteroide sexual, porque outras hormonas non esteroides que interveñen tamén de forma importante en procesos relacionados coa función sexual, como a hormona luteinizante, hormona estimulante dos folículos e hormona liberadora da gonadotropina, non se consideran xeralmente hormonas sexuais.

Testosterona, principal esteroide sexual masculino.
Estradiol, principal esteroide sexual feminino.

Produción

editar

Os esteroides sexuais naturais prodúcense nas gónadas (ovarios e testículos), principalmente,[3] e tamén polas glándulas adrenais, ou orixínanse por conversión doutros esteroides sexuais noutros tecidos como o fígado e o tecido adiposo.

Esteroides sexuais sintéticos

editar

Existen ademais moitos esteroides sexuais sintéticos. Os andróxenos sintéticos denomínanse con frecuencia esteroides anabólicos. Os estróxenos sintéticos e proxestinas utilízanse nos métodos anticonceptivos hormonais. O etinilestradiol é un estróxeno semisintético. Existen compostos específicos que teñen unha actividade de agonistas parciais para os receptores de esteroides, e, por tanto, actúan en parte como hormonas esteroides naturais, que se utilizan en determinados tratamentos nos que se require que o esteroide afecte a un só tipo celular, intentando minimizar os efectos sistémicos sobre o organismo enteiro.[4]

En moitos contextos, as dúas principais clases de esteroides que se consideran esteroides sexuais son os andróxenos e estróxenos, dos cales os máis importantes son a testosterona e o estradiol, respectivamente. Noutros contextos inclúense tamén entre eles os proxestáxenos como unha terceira clase de esteroides sexuais, dos cales o principal e o único que aparece de forma natural no home é a proxesterona. En xeral, os andróxenos considéranse "hormonas do sexo masculino", xa que teñen efectos masculinizantes, e os estróxenos e proxestáxenos considéranse "hormonas do sexo feminino"[5], pero ambos os tipos están presentes nos dous sexos, aínda que en niveis moi diferentes.

Os esteroides sexuais son:

  1. Guerriero G. Vertebrate sex steroid receptors: evolution, ligands, and neurodistribution. Ann N Y Acad Sci. 2009 April; 1163:154-68. Review. PMID 19456336
  2. Thakur MK, Paramanik V. Role of steroid hormone coregulators in health and disease. Horm Res. 2009; 71(4):194-200. Epub 2009 March 4. Review. PMID 19258710
  3. Brook CG. Mechanism of puberty. Horm Res. 1999;51 Suppl 3:52-4. Review. PMID 10592444
  4. Copland JA, Sheffield-Moore M, Koldzic-Zivanovic N, Gentry S, Lamprou G, Tzortzatou-Stathopoulou F, Zoumpourlis V, Urban RJ, Vlahopoulos SA. Sex steroid receptors in skeletal differentiation and epithelial neoplasia: is tissue-specific intervention possible? Bioessays. 2009 Jun;31(6):629-41. Review. PMID 19382224
  5. ElAttar, T. M. A.; Hugoson, A. (1974-10). "Comparative metabolism of female sex steroids in normal and chronically inflamed gingiva of the dog". Journal of Periodontal Research (en inglés) 9 (5): 284–289. ISSN 0022-3484. doi:10.1111/j.1600-0765.1974.tb00683.x. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar