[go: up one dir, main page]

Escílax de Carianda

Escílax de Carianda (en latín Scylax, en grego Σκύλαξ ) foi un viaxeiro de Carianda en Caria, a quen Darío I o Grande enviou nunha viaxe de descubrimento ao Indo.

Modelo:BiografíaEscílax de Carianda
Nome orixinal(grc) Σκύλαξ ὁ Καρυανδεύς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Caryanda, Turquía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCaryanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, escritor, biógrafo, historiador, Navegante Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDarío I Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1653425

Traxectoria

editar

Saíu de Caspatiros cara ao leste ata chegar ao Indo e despois ao mar, seguindo o seu curso; despois pasou cara ao océano Índico e cara ao Mar Vermello rodeando a Península Arábiga, desde onde se dirixiu de novo a Caria. A súa viaxe durou trinta meses[1].

Estrabón di que Escílax era un escritor antigo e menciona algúns dos seus textos. Atribúeselle un Período da Terra e un Periplo das costas máis aló das Columnas de Hércules, dos que se conservan algúns fragmentos[2]. Unha obra chamada Periplo de Pseudo-Escílax (ou Περίπλους τῆς θαλάσσης οἰκουμένης Εὐρώπης καὶ Ἀσίας καὶ Λιβύης), escrita arredor do século IV que describe varios países de Europa, Asia e África leva o seu nome, ao parecer como homenaxe ou porque o autor aproveitou algunhas das notas de Escílax[3].

  1. Herodoto. Historias. IV, 44
  2. Estrabón. Xeografía XII.4.8; XIII.1.4 i XIV.2.20.
  3. Peretti, Aurelio (1979). Il periplo di Scilace: studio sul primo portolano del Mediterraneo. Pisa: Giardini.