Eryngium
Eryngium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Eryngium é un xénero de plantas anuais e perennes con follas glabras e xeralmente espiñentas, con umbelas en forma de cúpula que se semellan ás dos cardos (de feito moitas especies en galego reciben o nome vulgar de cardo). As súas case 300 especies teñen unha distribución xeneralizada por todo o mundo, principalmente en Eurasia, o norte de África e América do Sur.
En Galiza atopamos varias especies deste xénero:
- Cardo da ribeira[1]: (Eryngium maritimum) é unha perenne oriúnda de Europa que a miúdo se atopa preto da beiramar, acada os 50 cm de altura.
- Cardo corredor[2]: (Eryngium campestre).
- Eryngium viviparum', especie ameazada que só se atopa no noroeste de Francia e en Galiza.
Descrición
editarSon herbas perennes oU bianuais, raramente anuais, xeralmente glabras e con frecuencia aculeadas. Follas lineares a orbiculares, simples, enteiras e paralelinervias ou con máis frecuencia pinnadamente ou palmadamente espiñento-lobadas ou -divididas e con nervadura reticulada; pecíolo envaiñador. Inflorescencias en capítulos solitarios a numerosos e arranxados en cimas, acios ou panículas, xeralmente involucrados, flores sésiles ou case sésiles, brancas a azuis ou moradas; cáliz con dentes prominentes e persistentes; pétalos co ápice frecuentemente lobado, adelgazado e inflexo; estilos máis longos ou máis curtos ca o cáliz; estilopodio e carpóforo ausentes. Froito globoso a obovoide, terete a dorsalmente aplanado, con comisuras largas e costelas obsoletas, densamente cuberto por tubérculos ou escamas, vitas inconspicuas.[3]
Comprende 484 especies descritas e destas, só 263 aceptadas.[4]
Composición
editarInvestigacións fitoquímicas no xénero Eryngium demostraron a presenza de aceites esenciais, acetilenos, coumarinas, saponinas, flavonoides e derivados do ácido rosmarínico.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 232–233. 1753.[3] A especie tipo é o cardo de ribeira: Eryngium maritimum L.
Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra ao ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), pero que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás follas espiñentas das plantas deste tipo.
Especies
editar- Eryngium agavifolium
- Eryngium alpinum
- Eryngium amethystinum
- Eryngium aquaticum
- Eryngium billardieri
- Eryngium bourgatii
- Eryngium bromelifolium
- Eryngium campestre (cardo corredor)
- Eryngium carlinae
- Eryngium caucasicum
- Eryngium corniculatum
- Eryngium creticum
- Eryngium cuneifolium
- Eryngium dichotomum
- Eryngium depressum
- Eryngium ebracteatum
- Eryngium eburneum
- Eryngium elegans
- Eryngium foetidum (coandro bravo)
- Eryngium galioides
- Eryngium giganteum
- Eryngium glaciale
- Eryngium humile
- Eryngium inaccessum
- Eryngium lassauxii
- Eryngium leavenworthii
- Eryngium maritimum (cardo da ribeira)
- Eryngium palmatum
- Eryngium pandanifolium
- Eryngium paniculatum
- Eryngium planum
- Eryngium postratum
- Eryngium proteiflorum
- Eryngium rostratum
- Eryngium servieum
- Eryngium serra
- Eryngium spinalba
- Eryngium tenue
- Eryngium tricuspidatum
- Eryngium triquetrum
- Eryngium variifolium
- Eryngium viviparum (endemismo de Galiza e NW de Francia)
- Eryngium yuccifolium
Usos
editarMoitas especies de Eryngium teñen un longo historial de uso. Empregáronse coma menciñas tradicionalmente para a preparación de remedios diuréticos, estimulantes do apetito, laxantes ou antiinflamatorios. As raíces consómense coma verdura ou para facer cabelo de anxo. Os rebentos tenros e as follas ás veces coma substitutos do espárrago. As raíces das especies Eryngium yuccifolium e Eryngium maritimum (cardo da ribeira), son potentes antiinflamatorios e é posíbel que teñan outras propiedades, como anticonceptivos. Eryngium foetidum, tamén chamada coandro bravo, é unha herba culinaria utilizada amplamente en América latina e Asia suroriental, coma sucedáneo do coandro.
Notas
editar- ↑ Nome vulgar en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ 3,0 3,1 "Eryngium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de setembro de 2012.
- ↑ "Eryngium". www.theplantlist.org. Consultado o 2020-01-04.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Eryngium |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eryngium |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- ITIS report for Eryngium
- Medicinal Eryngiums
- Pubmed Search on Eryngium Medicinal Uses
- Pictures of E. depressum Arquivado 04 de novembro de 2019 en Wayback Machine., E. inaccessum Arquivado 06 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine., E. paniculatum Arquivado 04 de novembro de 2019 en Wayback Machine., E. rostratum Arquivado 06 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. e E. variifolium