Enxame
Un enxame, tamén coñecido como enxamio (do latín exāmen, -ĭnis) é un conxunto de insectos similares, principalmente de abellas.[1]
Enxame de abellas
editarNormalmente na primavera cando as colonias de abellas están fortes e non teñen máis espazo para continuar coa reprodución ou a provisión de alimentos (mel), naturalmente tenden a dividirse por un proceso natural que denominamos enxame.
A metade das abellas dunha colonia, acompañada pola súa mestra vella, deixa a súa colmea para pousarse na rama dalgunha árbore ata que as abellas exploradoras atopan un lugar onde proseguir o desenvolvemento dunha nova colonia. Este é o mecanismo natural polo cal se prodúce a división da colonia. Previo ao enxame as obreiras crían novas celas reais, para substituír a mestra vella, e sempre é a mestra nova (recentemente nada) a que ocupa o lugar na colmea orixinal. A nova mestra é fecundada previamente, nos voos de fecundación. O comportamento anterior á produción dos enxames adoita denominarse febre do enxameo. Este comportamento críase que proviña dun aumento da temperatura no niño de cría ou colmea, pero son moitos os factores que interveñen.
Colleita de enxames
editarOs apicultores cando ven un enxame pousado na rama dunha planta, rapidamente acoden para capturalo, este é confinado nun nuclero ou unha cámara de cría con cadros de cera labrados, alimentándoo nalgunha ocasións con xarope de azucre, dará comezo a unha nova colonia, e gañando unha colmea. Os enxames saen normalmente durante a primavera-verán, cando a colonia de abellas comeza a súa medra de poboación e xa non ten lugar onde criar e amorear o seu alimento. A captura é moi sinxela, dun só golpe ou sacudida o birlo de abellas caerá ao interior do recipiente onde as confinamos, colocando este recipiente por un tempo prudencial no mesmo lugar, as abellas que quedan fóra son chamadas para que entren onde está a abella mestra por unha feromona especial que emiten as obreiras.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enxame.