Ed Bradley
Edward Rudolph Bradley, Jr., nado en Filadelfia o 22 de xuño de 1941 e finado en Nova York o 9 de novembro de 2006, foi un xornalista estadounidense, coñecido polos seus vinte e seis anos de traballo no programa de CBS News 60 Minutes. Ao principio da súa carreira cubriu a caída de Saigón, foi o primeiro correspondente televisivo negro na Casa Branca e presentou o seu propio programa de noticias, CBS Sunday Night News with Ed Bradley. Recibiu numerosos premios polo seu traballo, incluído o Peabody, o premio ao mérito dunha vida da National Association of Black Journalists, o premio Paul White da Radio Television Digital News Association e dezanove premios Emmy.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edward Rudolph Bradley, Jr. 22 de xuño de 1941 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 9 de novembro de 2006 (65 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Educación | Cheyney University of Pennsylvania (en) - graduado en ciencias Mount Saint Charles Academy (en) |
Cor dos ollos | Abelanado |
Cor do pelo | Cabelo cinza (pt) |
Actividade | |
Ocupación | White House correspondent (en) (1976–1978), escritor, xornalista, correspondente de guerra |
Período de actividade | 1967 - 2006 |
Empregador | CBS News (pt) (1971–2006) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Priscilla Coolidge (1981–1984) |
Premios | |
Traxectoria
editarBradley naceu en Filadelfia e os seus pais divorciáronse cando el tiña dous anos. Foi criado pola súa nai, Gladys, que tiña dous traballos para poder vivir. Graduouse en 1959 da Saint Thomas More Catholic Boys High School en West Philadelphia e pasou a outra escola historicamente para negros, Cheyney State College en Cheyney, Pensilvania, da que se licenciou en 1964 cun grao en educación.[1] O seu primeiro traballo foi como profesor de sexto grao na Escola Elemental William B. Mann en Filadelfia. Mentres daba clases fixouse nos vellos estudios WDAS, onde comezou a traballar primeiro sen soldo e logo cun salario mínimo. Programaba música, lía noticias e cubría partidos de baloncesto e outros deportes.
En 1971, mudouse a París, onde inicialmente viviu dos seus aforros, máis pouco a pouco comezou a traballar para CBS News cubrindo as conversas de paz de París. En 1972 ofreceuse para ser transferido a [[[Cidade Ho Chi Minh|Saigón]] para cubrir a guerra de Vietnam, ademais de pasar tempo en Phnom Penh cubrindo a guerra en Camboxa. Alí foi ferido por un morteiro no lombo e nun brazo.
En 1974, mudouse a Washington, D.C., e foi ascendido para cubrir a campaña presidencial de Jimmy Carter de 1976. Converteuse entón no correspondente de CBS News na Casa Branca (foi a primeira persoa negra correspondente de televisión na Cassa Branca[2]) ata 1978, en que foi convidado a pasar a CBS Reports, onde serviu como correspondente principal ata 1981. Tamén presentou CBS Sunday Night News entre 1976 e 1981. Ese ano, Walter Cronkite deixou de presentar CBS Evening News e foi substituído polo correspondente de 60 Minutes Dan Rather, deixando un oco no programa que foi ocupado por Bradley. Durante os vinte e seis anos que estivo en 60 Minutes, presentou máis de 500 historias, cubrindo todo tipo de novas, dende profundos segmentos sobre guerra, política, pobreza e corrupción ata pezas lixeiras biográficas ou sobre deportes, música e gastronomía.
Foi o único xornalista da televisión que entrevistou a Timothy McVeigh, condenado á morte e executado polo atentado con bomba contra o edificio federal de Oklahoma City que provocou 168 mortos e centenas de feridos en 1995. Entre outros dos seus traballos máis destacados están os que realizou sobre abusos sexuais no seo da Igrexa Católica estadounidense, sobre enfermos de cancro cerebral, sobre o tiroteo ocorrido no instituto de Columbine (Colorado), en abril de 2001, e sobre as consecuencias do furacán Katrina en Nova Orleáns, en 2005.
Bradley faleceu o 9 de novembro de 2006, no Hospital Monte Sinaí de Manhattan, por complicacións da leucemia.[3][4] Tiña 65 anos.
Notas
editar- ↑ Beggy, Carol; Shanahan, Mark (2 de xaneiro de 2008). "A Star in The Classroom". The Boston Globe. Consultado o 26 de outubro de 2008.
- ↑ "Ed Bradley of '60 Minutes' Dies at 65" (en inglés).
- ↑ Hitti, Miranda (9 de novembro de 2006). "CBS' Ed Bradley Dies of Leukemia". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2008.
- ↑ Steinberg, Jacques (9 de novembro de 2006). "Ed Bradley, Veteran CBS Newsman, Dies". The New York Times. Consultado o 26 de xaneiro de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ed Bradley Biography at CBS News
- Interview by John Sears for Communicator, agosto 2000
- Remembering Ed Bradley - Clarence Page - 14 de novembro de 2006
- Ed Bradley: Journalist and Jazzman
- Tribute to Ed Bradley by CNN's Larry King
- Pulitzer Prize-winning syndicated columnist Clarence Page on Ed Bradley (11/13/2006)
- Broadcast Pioneers of Philadelphia webpage