EMBL
O EMBL, siglas de European Molecular Biology Laboratory (Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular) é un instituto de investigación de bioloxía molecular do que son membros 21 estados,[1] xunto con tres candidatos e dous estados membros asociados. España forma parte del desde 1986. O EMBL é unha organización intergobernamental creada en 1974 financiada con diñeiro público dos seus estados membros destinado á investigación. A investigación no EMBL realízana aproximadamente 85 grupos independentes que abranguen todos os campos da bioloxía molecular. O laboratorio funciona desde cinco sedes: o principal laboratorio está en Heidelberg, e as subsedes están en Hinxton (o European Bioinformatics Institute, EBI), en Inglaterra), Grenoble (Francia), Hamburgo (Alemaña), e Monterotondo (preto de Roma, Italia). Os grupos e laboratorios de EMBL realizan investigación básica en bioloxía molecular e medicina molecular e adestran a científicos, estudantes e visitantes. A organización axuda ao desenvolvemento de servizos, novos instrumentos e métodos, e tecnoloxía nos seus estados membros.
Investigacións no EMBL
editarTodos as sedes de EMBL teñen un campo de investigación específico. O EMBL-EBI é un centro para a investigación bioinformática e servizos, que desenvolve e mantén un grn número de bases de datos científicas, que son gratuítas. En Grenoble e Hamburgo, a investigación céntrase na bioloxía estrutural. A Unidade de Bioloxía do Rato de EMBL está localizada en Monterotondo, Italia. Na sede central de Heidelberg, hai unidades de bioloxía celular e biofísica, bioloxía do desenvolvemento, xenómica e bioloxía computacional e estrutural, xunto con grupos de servizo que complementan os mencionados campos de investigación.
No EMBL fixéronse moitos avances científicos importantes, principalmente a primeira análise xenética sistemática do desenvolvemento embrional da mosca do vinagre feita por Christiane Nüsslein-Volhard e Eric Wieschaus,[2] polo cal foron galardoados co Premio Nobel de Medicina de 1995.
Países membros
editarVelaquí unha lista dos países membros do EMBL ordenados alfabeticamente:
País membro[1] | Ano de incorporación |
---|---|
Alemaña | 1974 |
Austria | 1974 |
Bélxica | 1990 |
Croacia | 2006 |
República Checa | 2014 |
Dinamarca | 1974 |
España | 1986 |
Finlandia | 1984 |
Francia | 1974 |
Grecia | 1984 |
Irlanda | 2003 |
Islandia | 2005 |
Israel | 1974 |
Italia | 1974 |
Luxemburgo | 2007 |
Noruega | 1985 |
Países Baixos | 1974 |
Portugal | 1998 |
Reino Unido | 1974 |
Suecia | 1974 |
Suíza | 1974 |
Estados candidatos a membros | |
Eslovaquia | 2014[3] |
Hungría | 2014[4] |
Polonia | 2014[5] |
Membros asociados | |
Arxentina | 2014[6] |
Australia | 2008 |
Adestramento
editarO adestramento avanzado é unha das catro misións principais do EMBL. Ao longo dos anos o Laboratorio estableceu varias actividades de adestramento, das cales o EMBL International PhD Programme (EIPP) é a estrela: ten uns 200 estudantes e desde 1997 ten o dereito de conceder unha titulación propia. Outras actividades son o programa de posdoutorado, que inclúe o EMBL Interdisciplinary Postdoctoral Programme (EIPOD); o European Learning Laboratory for the Life Sciences (ELLS) para adestramento de profesores; e o Visitor Programme.[7]
Centro de Adestramento Avanzado de EMBL
editarEn marzo de 2010, inaugurouse o EMBL Advanced Training Centre (ATC) no campus principal de Heidelberg. O seu edificio, inspirado na forma da dobre hélice,[8] alberga conferencias e proporciona locais para o adestramento.[9]
Ciencia e sociedade
editarO EMBL tamén leva a cabo un activo Programa de Ciencia e Sociedade, que ofrece actividades e eventos sobre cuestións sobre investigacións nas ciencias da vida para o público xeral e para a comunidade científica.[10]
Historia
editarO EMBL foi ideado por Leó Szilárd,[11] James Watson e John Kendrew.[12] Os seus obxectivos eran crear un centro de investigación internacional, similar ao CERN, para poder rivalizar no campo fortemente dominado polos Estados Unidos da bioloxía molecular.[13] Kendrew exerceu como primeiro Director xeral do EMBL ata 1982, e sucedeuno Lennart Philipson.[14][15][16] Desde 1993 a 2005 o Director xeral foi Fotis Kafatos,[17][18] e a este sucedeuno Iain Mattaj, que é o cuarto e actual (ano 2015) Director xeral do EMBL.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "EMBL member states". European Molecular Biology Laboratory. 2015.
- ↑ Nüsslein-Volhard, C.; Wieschaus, E. (1980). "Mutations affecting segment number and polarity in Drosophila". Nature 287 (5785): 795. doi:10.1038/287795a0.
- ↑ "Slovak Republic becomes EMBL Prospect Member State".
- ↑ "Hungary joins EMBL as prospect member state".
- ↑ "Witamy! EMBL welcomes Poland as prospect member state".
- ↑ "Argentina joins EMBL as associate member state".
- ↑ Training at EMBL Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine., EMBL website
- ↑ "University of Heidelberg - Press Releases". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de outubro de 2015.
- ↑ EMBL ATC
- ↑ Science and Society Programme, EMBL website
- ↑ Maas, W; Crow, J. F. (2004). "Leo Szilard: A personal remembrance". Genetics 167 (2): 555–8. PMC 1470899. PMID 15238510. doi:10.1534/genetics.104.030320.
- ↑ Holmes, K. C. (2001). "Sir John Cowdery Kendrew. 24 March 1917 - 23 August 1997: Elected F.R.S. 1960". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 47: 311–332. PMID 15124647. doi:10.1098/rsbm.2001.0018.
- ↑ "EMBL History". 2015. Arquivado dende o orixinal o 2014-04-13.
- ↑ Pettersson, U (2011). "Lennart Philipson: A fighter is gone". Proceedings of the National Academy of Sciences 108 (47): 18875. PMC 3223467. PMID 22106290. doi:10.1073/pnas.1116859108.
- ↑ Simons, K.; Mattaj, I. W. (2011). "Lennart Philipson (1929-2011)". Science 333 (6043): 711. PMID 21817041. doi:10.1126/science.1210990.
- ↑ Baltimore, D. (2011). "Lennart Philipson (1929–2011): A Warrior Has Passed". PLoS Biology 9 (9): e1001153. doi:10.1371/journal.pbio.1001153.
- ↑ Gilbert, N. (2010). "The labours of Fotis Kafatos". Nature 464 (7285): 20. PMID 20203577. doi:10.1038/464020a.
- ↑ Kafatos, F. (2008). "Straight talk with...Fotis Kafatos". Nature Medicine 14 (9): 902–903. PMID 18776875. doi:10.1038/nm0908-902.