[go: up one dir, main page]

Domingo de Ramos

celebración cristiá

O Domingo de Ramos é unha celebración cristiá que rememora a Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén. Considérase o primeiro día da Semana Santa, período en que os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.

Procesión da Pollinica, en Málaga

A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas, ramas de loureiro, oliveira ou doutra árbore ou planta semellante.

Tradicións

editar

En Galicia era tradición, que xa viña da época sueva[1], colocar ramos de loureiro, benditos o domingo de Ramos, nos balcóns ou nas portas. Tamén se colocaban na testeira do leito onde xacía un enfermo, ou mesmo nas cortes do gando. E contra dos raios tamén se botaba o loureiro bendito ao lume[2].

  1. José Eduardo López Pereira (1996) Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga, "De correctione rusticorum". Universidade da Coruña, p. 65
  2. Ramón Otero Pedrayo (1962). Historia de Galicia. Vol I. Akal, p. 278