[go: up one dir, main page]

Dinastía Yuan

dinastía chinesa

A dinastía Yuan (chinés tradicional e simplificado: 元朝; pinyin: Yuán cháo; Wade-Giles: Yüan2 ch'ao2), oficialmente o Gran Yuan (chinés tradicional e simplificado: 大元; pinyin: Dà Yuán; Wade-Giles: Ta4 Yüan2; mongol: ᠶᠡᠬᠡ
ᠶᠤᠸᠠᠨ
ᠤᠯᠤᠰ
, Yeke Yuwan Ulus), foi unha dinastía imperial da China de orixe mongol, así coma un dos estados derivados da división do imperio mongol.[1] Foi establecida por Kublai (emperador Shizu ou Setsen Khan), o quinto emperador-khagan do clan mongol Borjigin, e existiu entre o 1271 e o 1368. Na historiografía chinesa, a dinastía Yuan seguiu á Song, e precedeu á Ming.

Modelo:Xeografía políticaDinastía Yuan
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°54′54″N 116°23′24″L / 39.915, 116.39
CapitalKhanbaliq Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación90.000.000 (1300) Editar o valor en Wikidata (8,18 hab./km²)
Lingua usadalingua chinesa
Lingua mongol Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo tibetano, Confucianismo, Taoísmo, Tengrismo, Church of the East in China (en) Traducir, Relixión tradicional chinesa, Islam e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie11.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1271 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución1368 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDinastía Ming e Northern Yuan dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor en Wikidata
Moedawen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Malia que o ascenso ao trono de Xenxis Khan como Khagan no 1206 foi descrito polas fontes chinesas empregando o título de emperador, seguindo o uso dos han, e que o imperio mongol gobernaba territorios do norte da actual China dende había décadas, non foi até o 1271 que Kublai Khan fundou unha dinastía ao estilo dos han, e a súa conquista dos territorios chineses non se completou até o 1279, cando a dinastía Song do sur foi definitivamente derrotada na batalla de Yamen.[2][3] O seu reino, na aquela altura, xa estaba illado do resto de khanatos mongois, e controlaba a meirande parte da China e as súas áreas circundantes, incluíndo a Mongolia contemporánea.[4] Trátase da primeira dinastía chinesa fundada por unha etnia distinta dos han.[5][6] No 1368, tras a derrota das forzas de Yuan pola emerxente dinastía Ming, os monarcas mongois refuxiáronse no altiplano de Mongolia e continuaron co seu goberno até o 1635, cando se renderon ante a dinastía Jin posterior (xermolo dos Qing). Este estado coñécese na historiografía coma a dinastía Yuan do norte.

A dinastía Yuan foi o khanato gobernado polos descendentes de Möngke tras a división do imperio mongol. Nas historias oficiais da China, considérase que os Yuan posuían o mandato do ceo. Malia ser fundada por Kublai Khan, este ordenou situar ao seu avó Genghis Khan como fundador da dinastía nos rexistros imperiais, e como tal recibiu o título póstumo de Taizu 太祖.[2] No seu edicto Jianguo hao zhao 建國號詔 (Proclamación do nome dinástico, 1271), Kublai Khan anunciou o nome da nova dinastía, o Gran Yuan, proclamándose sucesor das dinastías anteriores.[7] Algúns dos emperadores Yuan dominaron a lingua chinesa, namentres outros só empregaron o seu mongol nativo.[8]

Kublai, que era Khagan ou Gran Khan do imperio mongol dende o 1260, declarou o seu dominio sobre o resto de khanatos (o Chagatai, a Horda de Ouro, e o Ilkhanato) antes de proclamarse emperador da China no 1271. Como tal, os Yuan tamén recibiron ocasionalmente o título de emperadores do Gran Khan. Secasí, aínda que o resto dos khanatos os recoñeceron como soberanos temporalmente, a súa subordinación era nominal e continuaron a desenvolverse de xeito independente.[9][10]

  1. Simon, Karla W. (2013-05-02). Civil Society in China: The Legal Framework from Ancient Times to the "New Reform Era" (en inglés). OUP USA. ISBN 978-0-19-976589-8. 
  2. 2,0 2,1 Song Lian (1976 [1370]). "太祖本纪" (en chinés). Consultado o 2024-02-18. 
  3. Twitchett, Denis C.; Franke, Herbert; Fairbank, John King (1978). The Cambridge History of China: Volume 6, Alien Regimes and Border States, 907-1368 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-24331-5. 
  4. Atwood, Christopher Pratt (2004). Encyclopedia of Mongolia and the Mongol empire. New York, NY : Facts On File. ISBN 978-0-8160-4671-3. 
  5. San, Tan Koon (2014-08-15). Dynastic China: An Elementary History (en inglés). The Other Press. ISBN 978-983-9541-88-5. 
  6. Eberhard, Wolfram (2005-11-01). A History of China (en inglés). Cosimo, Inc. ISBN 978-1-59605-566-7. 
  7. Kublai Khan (1271). "建國號詔" (en chinés). Consultado o 2024-02-18. 
  8. Franke, Herbert (1953). "Could the Mongol emperors read and write Chinese?" (PDF). Asia Major (en inglés) 3 (1): 28–41. 
  9. Saunders, J. J. (2001-03-29). The History of the Mongol Conquests (en inglés). University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1766-7. 
  10. Grousset, René (1952). L'empire des steppes: Attila, Gengis-Khan, Tamerlan (en francés). Payot.