Deputación de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. Dende 2023 o presidente é Luís López Diéguez (do PPdG).
Sede da deputación no pazo provincial. | |
Fundación: | 1836 |
---|---|
Provincia: | Pontevedra |
Enderezo: | Gran Vía de Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra |
Presidente: | Luís López Diéguez (PPdG) |
Orzamento: | 161 millóns de € (2020)[1] |
Número de empregados: | 871 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 61 |
Boletín oficial: | www |
Na rede | |
https://www.depo.gal/ | |
Corporación
editarLexislatura 2023-2027
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partido Político | Votos | (%) | Deputados |
---|---|---|---|
Partido Popular de Galicia (PPdeG) | 180.832 | 36,67% | 14 / 27 |
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) | 167.368 | 33,94% | 9 / 27 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 89.394 | 18,13% | 4 / 27 |
Distribución de escanos por circunscricións
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Circunscrición | |||
---|---|---|---|
Cambados | 1 / 3 |
2 / 3 |
0 / 3 |
A Estrada | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Lalín | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Ponteareas | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Pontevedra | 2 / 7 |
3 / 7 |
2 / 7 |
Tui | 1 / 3 |
1 / 3 |
1 / 3 |
Vigo | 9 / 11 |
2 / 11 |
0 / 11 |
O Pazo provincial
editarO Pazo provincial de Pontevedra sitúase na Gran Vía de Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.
Institucións
editarDa Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:
Presidentes
editarPeríodo dos Gobernadores Civís
editar- Miguel del Pino (12 de febreiro de 1836).
- Francisco Javier Martínez Enríquez (27 de xuño de 1836).
- José Valladares (interino; 11 de outubro de 1836).
- Miguel del Pino (4 de novembro de 1836).
- Manuel Gutiérrez de Caviedes (25 de marzo de 1837).
- Rafael Pérez de Guzmán el Bueno (12 de xaneiro de 1838).
- José Valladares (26 de xaneiro de 1839).
- Pedro Donoso Cortés (17 de novembro de 1839).
- Francisco Javier Carramolino (1 de novembro de 1840).
- Ramón Novoa (2 de decembro de 1840).
- Juan Falomir (Orde do rexente; 22 de setembro de 1841).
- José Carlos de la Fuente (decreto; 24 de decembro de 1842)
- Juan Falomir (non chega a tomar posesión).
- Ramón García Flórez (nomeado pola Xunta Central do Goberno de Galicia; 6 de agosto de 1843).
- Ventura Díaz (7 de setembro de 1843).
- Francisco Páez de la Cadena (23 de maio de 1847).
- Joaquín del Rey (Real decreto; 18 de maio de 1848).
- Juan de los Santos Méndez (15 de xaneiro de 1850).
- Juan Saiz de Arroyal (22 de agosto de 1851).
- José María de Michelena (Real decreto; 11 de novembro de 1851).
- José María Delgado (Real decreto; 4 de agosto de 1852).
- José Ulloa Pimentel (Real decreto; 30 de decembro de 1852).
- José María Michelena (6 de maio de 1853).
- José María Palarea (19 de novembro de 1853).
- Juan Manuel Pereira (nomeado pola Xunta de Goberno; agosto de 1854).
- Manuel Somoza (setembro de 1854).
- Manuel Alcayde (gobernador militar e civil; 24 de agosto de 1856).
- Bartolomé Romero Leal (20 de agosto de 1856).
- Luciano Quiñones de León (28 de outubro de 1856).
- José Oller Menacho (16 de abril de 1858).
- Ramón María Suárez (agosto de 1858).
- José Corzo (Real decreto; 13 de xullo de 1861).
- Cosme Errea (Real decreto; 25 de xaneiro de 1862).
- José Mateo de Urrutia (Real decreto; 17 de maio de 1862).
- Genaro Alas (1 de marzo de 1863).
- Francisco Martínez Mondelo (30 de xuño de 1863).
- Vicente Calderón Oreiro, Conde de San Juan 12 de decembro de 1863).
Período dun presidente da Deputación para cada sesión
editarO artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".
- Ramón Martínez Saco (sesións do 1 de xaneiro e 10 de maio de 1864).
- José Espinosa Salgado (sesión do 5 de agosto de 1864).
- Ramón Martínez Saco (sesións do 6 de outubro de 1864, 16 de agosto, 28 e 29 de decembro de 1865).
- Ramón Villar González (sesión do 1 de febreiro de 1866).
- Joaquín Yáñez (sesión do 12 de abril de 1866).
- Joaquín Ángel (sesións do 28 de maio e 27 de xullo de 1866).
- Manuel Cea Gándara (sesións do 1 de xaneiro e 24 de abril de 1867).
- Pedro María Pardo Vilariño (sesión do 6 de xullo de 1867).
- José Urrutia Caballero (sesións do 28 de xullo, 24 de setembro e 30 de outubro de 1867).
- Agustín Cobián de Seijas (sesión do 25 de novembro de 1867).
- Manuel Ogando Tojo (sesión do 29 de febreiro de 1868).
- Pedro María Pardo Vilariño (sesión do 16 de abril de 1868).
- Ramón de la Maza (sesión do 18 de xullo de 1868).
Período inicial do Sexenio Revolucionario
editarTrala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.
- Indalecio Armesto (republicano, nomeado pola Xunta Revolucionaria; 27 de outubro de 1868).
- Vicente Lobit Rodríguez (tendencia liberal; 2 de xaneiro de 1869).
- Eugenio Alau (tendencia liberal; 23 de marzo de 1869).
- Baltasar Genme Fuentes (25 de xullo de 1869).
- Fausto Garagarza (26 de marzo de 1870).
Período dun presidente da Deputación para todas as sesións
editarA Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".
Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.
- Miguel Vidal López (radical; 22 de febreiro de 1871).
- Francisco Pereira García (liberal; 22 de xuño de 1871).
- Cayetano Taboada Sotelo (liberal; 28 de xullo de 1871).
- Francisco Fernández Anciles (radical; 12 de agosto de 1871).
Nomeados polo Gobernador Civil
editarEntre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.
- Manuel Bárcena Franco (6 de abril de 1874).
- Benito María de Oca (26 de xullo de 1874).
- Manuel María Huagón (12 de marzo de 1875).
Nomeados pola corporación
editarCoa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.
- Evaristo Pérez de Castro Brito (conservador; 21 de marzo de 1877).
- Francisco Javier Mugartegui Parga (conservador; 26 de abril de 1881).
- Ramón Romero López Vázquez (liberal; 8 de xullo de 1884).
- Agustín Cobián de Seijas (conservador; 4 de novembro de 1884).
- Eduardo Matos Santos (liberal; 5 de novembro de 1886).
- José María Guerra Cobián (conservador; 5 de xaneiro de 1891).
- Eugenio Fraga Mascató (liberal; 5 de novembro de 1894).
- Sabino González Besada (conservador; 4 de novembro de 1896).
- Gumersindo Otero García (liberal; 4 de novembro de 1898).
- José Boente Sequeiros (liberal; 24 de abril de 1901).
- José María Vidal González (conservador; 22 de abril de 1903).
- Antonio López de Neira (conservador; 24 de abril de 1905).
- Antonio Pazos Fontenla (liberal; 2 de decembro de 1909).
- Felipe Ruza García (conservador; 1 de maio de 1915).
- Antonio Pazos Fontenla (liberal; 2 de maio de 1917).
- Carlos Casas Medrano (conservador; 2 de agosto de 1919).
- José Echeverría Harguindey (2 de agosto de 1923).
Directorio militar
editarO Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.
- Daniel de la Sota Valdecilla (20 de xaneiro de 1924).
Estatuto provincial
editarO Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.
- Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
- Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).
Elixidos polo gobernador civil
editarSegundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.
- Manuel Casas Medrano (14 de abril de 1930).
O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.
- Amancio Caamaño Cimadevila (republicano).
O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall (republicano; 25 de abril de 1931).
- Amancio Caamaño (republicano; 25 de maio de 1931).
- Vicente García Temes (republicano) 1 de agosto de 1932).
- Joaquín Maquieira (republicano da ORGA; 31 de maio de 1933).
- José Viñas del Monte (5 de xaneiro de 1934).
- Ramón Domínguez Ferradás (28 de outubro de 1935).
- Luis Fontaíña Serrapio (31 de decembro de 1935).
- José Adrio Barreiro (19 de marzo de 1936).
- Maximiliano Pérez Prego (26 de marzo de 1936).
Presidentes por designación
editar- Rafael González Fernández Besada (elixido o 24 de xullo de 1936 polo Goberno Militar).
O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.
- Javier Puig Llamas (18 de agosto de 1937).
- Jacobo Rey Daviña (7 de outubro de 1938).
- Luis de Toledo Freire (9 de agosto de 1939).
- Rafael Picó Cañeque (7 de xullo de 1942).
- Manuel Fontoira Peón (vicepresidente, trala renuncia do anterior o 16 de xuño de 1948).
Lei de réxime local
editarO 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.
- Luis Rocafort Martínez (13 de setembro de 1951).
- Luis Suárez-Llanos Menacho (20 de febreiro de 1958).
- Prudencio Landín Carrasco (24 de xullo de 1959).
- Enrique Lorenzo Docampo (12 de xuño de 1963).
- José Luis Peláez Casalderrey (6 de maio de 1970).
Período contemporáneo
editarTrala promulgación da Constitución española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.
- Federico Cifuentes Pérez (UCD; 26 de abril de 1979).
- Mariano Rajoy (AP; 11 de xuño de 1983).
- Fernando García del Valle (AP; 10 de decembro de 1986).
- Xosé Cuíña (PP; 14 de agosto de 1987).
- César Mera (PP; 2 de febreiro de 1990).
- Manuel Abeledo (PP; 19 de xullo de 1995).
- Rafael Louzán (PP; 12 de xullo de 2003).
- Carmela Silva (PSOE; 17 de xullo de 2015)
- Luís López Diéguez (PP; xullo de 2023)
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar- Pazo provincial da Deputación de Pontevedra
- Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
- Deputación da Coruña
- Deputación de Lugo
- Deputación de Ourense