Década de 1790
Segundo milenio | |||||
Século XVIII | |||||
| |||||
|
1790
- Artigo principal: 1790.
- 4 de xaneiro, as provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia.
- Comezo do reinado de Leopoldo II, emperador romano-xermánico (ata 1792).
- O astrónomo británico William Herschel descobre a primeira nebulosa planetaria.
- O enxeñeiro inglés Edmund Cartwright construe unha máquina para carda-la lá.
- O enxeñeiro francés Claude Chappe inventa o seu telégrafo visual (semáforo).
- 15 de xaneiro, Creación dos departamentos franceses (seguindo un decreto do 22 de decembro de 1789), pola asemblea constituínte que define o plano e fixa o número en 83.
- 13 de febreiro, Supresión das ordes monásticas pola asemblea nacional.
- 22 de abril, A Constituínte repudia o dereito de conquista.
- En xuño, Aviñón reclama a súa reinserción en Francia.
- 12 de xullo, Voto da constitución civil do clero.
- 14 de xullo, Festa da federación en París.
- 22 de outubro, Adopción da bandeira tricolor por decisión da asemblea constituínte.
- 27 de novembro, O clero debe prestar preitesía.
- En novembro, a Constituínte faise coas posesións da alta nobreza, principalmente alemá.
- O Flandres francés é integrado no departamento do Norte.
- O doutor Joseph-Ignace Guillotin presenta á asemblea a guillotina.
- Reincorporación de Aviñón a Francia.
1791
- Artigo principal: 1791.
América
- 1 de xaneiro - Perú, aparece en Lima o primeiro número do xornal Mercurio Peruano, dirixido por Hipólito Unanue.
Asia
- Rebelión Loto Branco na China auspiciada pola sociedade homónima (até 1805).
Europa
- Comeza a funcionar a fábrica de Sargadelos.
Acontecementos de maior duración
1792
- Artigo principal: 1792.
Europa
- 29 de marzo: Morte do rei Gustavo III de Suecia. Comezo do reinado de Gustavo IV de Suecia (ata 1809).
- 20 de abril: Francia declara a guerra ó rei de Hungría e de Bohemia.
- 19 de xuño: Catarina II de Rusia invade Polonia.
- 6 de novembro: Vitoria francesa na batalla de Jemmapes.
- 27 de novembro: Francia anexa Savoia.
- Comezo da influencia francesa en Italia (ata 1799).
- Comezo do reinado de Francisco II de Francia, emperador romano-xermánico (ata 1806).
Francia
- 25 de abril: Composición da Marseillaise.
- 25 de abril: Primeira execución na guillotina.
- 28 de abril: Derrota francesa en Tournai e Quiévrain.
- 20 de xuño: O pobo ataca as Tullerías, onde reside Lois XVI de Francia.
- 11 de xullo: A "Patria está en perigo" (11-21 de xullo).
- 25 de xullo: Manifesto de Brunswick
- 10 de agosto: Constitución da Comuna insurreccional en París—Toma das Tullerías e derrocamento da monarquía.
- 10 de agosto: Convocatoria da Convención, establecemento do sufraxio universal (10-11 de agosto).
- 13 de agosto: A familia real é encarcerada na Prisión do Temple.
- 2 de setembro: Capitulación de Verdún perante os prusianos.
- 20 de setembro: Fin da lexislativa, reunión da Convenión.
- 20 de setembro: Vitoria francesa na batalla de Valmy contra as tropas prusianas. Voluntarios da Garda nacional participaron no combate canda os soldados profesionais do exército real.
- 21 de setembro: A Convención declara a República. Abolición da monarquía, fin do reinado de Lois XVI de Francia, ano I da primeira república en Francia (ata 1804). Comezo das guerras revolucionarias.
- En [[setembro, laicismo do estado civil.
- 19 de novembro: Decreto promovendo a guerra de propaganda.
- 4 de decembro: Comezo do proceso ó rei.
Alemaña
- 21 de outubro: A cidade de Maguncia (Mainz) é ocupada polas tropas francesas.
África
América
América do Norte
- 2 de abril: Introdución do dólar como moeda dos Estados Unidos de América, a partir dunha base de táleros remercados a Austria.
- George Washington é reelixido presidente da república americana.
- Kentucky convértese no 15º estado da unión americana.
América Latina
Asia
- O tratado de Jasso pon fin á guerra ruso-turca.
- Erupción do volcán Unzen, no Xapón, 15 000 mortos (erupción e despois tsunami.
- O emperador da China Qianlong envía as súas tropas a Lhasa, no Tíbet para expulsa-los invasores nepaleses.
Oceanía
Arte
Ciencias
Acontecementos de maior duración
1793
- Artigo principal: 1793.
- Iníciase a denominada Guerra de Rosellón, ao declarar España a guerra á Convención republicana francesa:
- 23 de abril: o xenral Caro toma a localidade vasco-francesa de Hendaia.
Acontecementos de maior duración
1794
- Artigo principal: 1794.
Acontecementos de maior duración
- Revolución francesa (1789-1799).
- Guerra do Rosellón - 27 de decembro: Tropas francesas ocupan Figueres (Alt Empordà, Cataluña).
Ciencia e tecnoloxía
- 14 de marzo - Eli Whitney patenta a descarozadora de algodón.
- 10 de xullo - O químico inglés John Dalton describe a cegueira para as cores, da cal el mesmo estaba afectado, e que se coñece como daltonismo.
- Implántase en Francia o primeiro sistema de semáforos deseñado a Claude Chappe.
1795
- Artigo principal: 1795.
Acontecementos de maior duración
Europa
- Esmagado o levantamento polaco, por tropas prusianas e rusas, procedeuse á terceira partición de Polonia, no que participaron tamén os austríacos. Polonia desaparece como estado independente.
- Revolución francesa (1789-1799)
Arte e cultura
- O arquitecto galego Melchor de Prado e Mariño deseña a igrexa de San Bieito do Campo, en Santiago de Compostela, de estilo neoclásico.
1796
- Artigo principal: 1796.
Acontecementos de maior duración
1797
- Artigo principal: 1797.
- 1 de xaneiro: Albany substitúe a Nova York coma capital do Estado de Nova York.
- 4 de xaneiro: Napoleón Bonaparte vence na Batalla de Rívoli.
- 25 de xullo: Horatio Nelson perde o brazo dereito, nun ataque naval frustrado á Santa Cruz de Tenerife.
- 17 de outubro: Paz de Campoformio. Austria cede a Francia a marxe dereita do Río Rhin, Bélxica e o Milanesado, recibindo a cambio Venecia que desaparece definitivamente coma república.
Acontecementos de maior duración
1798
- Artigo principal: 1798.
Acontecementos de maior duración
1799
- Artigo principal: 1799.
- 9 de xaneiro - Imponse o primeiro imposto á renda, en Inglaterra.
- 1 de marzo - A escuadra combinada de rusos e turcos toma Corfú e algunhas illas máis do Mar Xónico aos franceses.
- 7 de marzo - Napoleón captura Iafa na Palestina e ordena a execución de 2.000 prisioneiros de guerra.
- 29 de marzo - A escravitude é abolida no estado de Nova York.
- 15 de xullo - O Capitán francés Pierre-François Bouchard descobre a Pedra de Rosetta.
- 9 de novembro - Napoleón Bonaparte e Emmanuel Joseph Sieyès lideran o Golpe de Estado do 18 de Brumario, destituíndo o goberno revolucionario francés, considerándose esta data a fin da revolución francesa.
- O príncipe herdeiro Xoán de Bragança convértese en rexente de Portugal, dada a incapacidade gobernativa da súa nai, María I de Portugal.
- Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta inventa a pila.