Década de 1510
Década
Segundo milenio | |||||
Século XVI | |||||
| |||||
|
1510
- Artigo principal: 1510.
- 25 de novembro - Afonso de Albuquerque toma Goa, India, para os portugueses.
1511
- Artigo principal: 1511.
América
- Creación da Audiencia de Santo Domingo, a primeira no Novo Mundo.
- Os colonizadores españois vencen a Agueibana, derradeiro cacique que resistía na illa de Porto Rico.
Asia
- 24 de agosto - Os portugueses, ao mando de Afonso de Albuquerque, toman Malaca.
- Unha ordenanza dada na Meca prohibe o consumo de café como bebida.
Europa
Oceanía
- O navegante portugués Antonio de Abreu descobre Nova Guinea.
Arte e cultura
- Erasmo de Rotterdam publica en latín o "Eloxio da Loucura" (Laus stultitia).
.
1512
- Artigo principal: 1512.
- 25 de xullo - Tropas do rei Fernando o Católico, mandadas polo duque de Alba toman e ocupan a cidade de Pamplona, capital do reino de Navarra.
Arte e cultura
- 1 de novembro - Exponse ó público por primeira vez o teito da Capela Sistina, de Michelangelo.
1513
- Artigo principal: 1513.
África
- Os portugueses descobren a illa de Reunión.
Asia
- O portugués Afonso de Albuquerque fracasa na tentativa de tomar Aden, na entrada sur do Mar Vermello.
América
- O inca Huayna Cápac somete ao imperio a rexión de Quito (hoxe en Ecuador).
- 25 de setembro -Vasco Núñez de Balboa descobre o océano Pacífico.
- Juan Ponce de León convértese no primeiro europeo en explorar Florida.
- Fúndase en Cuba a vila de Baiamo, por Diego Velázquez.
Arte e cultura
- O Cabaleiro, a Morte e o Demo, gravado de Albrecht Dürer, hoxe no Museo do Louvre, París.
1514
- Artigo principal: 1514.
- marzo, Lois XII de Francia asina a paz co emperador Maximiliano I, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- xullo, Paz entre Inglaterra e Francia
- 8 de setembro, batalla de Orsha
1515
- Artigo principal: 1515.
África
- Batalla de Mamora - Expedición portuguesa enviada por Manuel I coa misión de construír en Mamora e Anafé, na costa de Marrocos (preto da actual Casablanca), dúas fortalezas. O exército e a frota portuguesa son destruídos polos marroquinos. As perdas portuguesas son elevadísimas: 4.000 homes mortos, 100 barcos perdidos, e os prisioneiros vendidos como escravos.
América
- Moctezuma II, emperador azteca, emprende unha campaña contra os zapotecas, aos que vence, saqueando as súas terras.
Asia
- Xuño - O sultán Selim I do Imperio Otomán invade Persia.
- 23 de agosto - Batalla de Chaldiran. Selim I vence o exército persa do xa Ismail I.
- 5 de setembro - Selim captura a capital persa, Tabriz sen atopar resistencia, pero non pode mantela.
- O Imperio Otomán conquista o Kurdistán.
- Os portugueses toman Ormuz, na boca do golfo Pérsico.
América
- O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda A Habana, en Cuba.
- Juan Dïaz de Solís explora o río da Prata.
Europa
- 1 de xaneiro, Francia: O rei Francisco I sucede no trono a Lois XII por falta de descendencia.
- 13 de setembro - 14 de setembro - Batalla de Marignano - O exército de Francisco I de Francia vence ós suízos, grazas á oportuna chegada da armada veneciana. Francisco I recupera o control de Milán.
- 15 de novembro - O papa León X crea cardeal a Thomas Wolsey.
- 24 de decembro - Thomas Wolsey é nomeado Chanceller de Inglaterra.
- Suecia declárase independente.
Arte e cultura
- Fúndase a escola de Manchester de gramática.
- Durero grava o Rinoceronte.
- Miguelanxo esculpe o Moisés.
.
1516
- Artigo principal: 1516.
América
- Xoán Díaz de Solís chega ó actual Bos Aires.
- 20 de xaneiro - Díaz de Solís é morto nun ataque dos indios, no litoral do que hoxe é Uruguai.
Europa
- Tratado de Noyon polo que se recoñece a soberanía francesa no Milanesado.
- 13 de marzo - O príncipe Carlos toma o título de rei de Aragón e Castela, conxuntamente coa súa nai, Xoana I de Castela, na igrexa de Santa Gúdula de Bruxelas.
Oriente Próximo
- Xullo - Selim I, sultán otomán, declara a guerra ós mamelucos do Exipto. Toma Alepo, Homs, Damasco e Xerusalén.
- 24 de agosto - Batalla de Marj Dabiq: preto de Alepo, o sultán mameluco de Exipto, Qânsûh Ghûrî, morre no combate.
- 28 de outubro - Batalla de Yaunis Khan: nova vitoria dos otománs sobre os mamelucos, esta vez cerca de Gaza.
Arte e cultura
- Tomás Moro publica Utopía.
- Erasmo de Rotterdam publica unha nova versión grega da Biblia.
- Vittore Carpaccio pinta "San Xurxo e o dragón".
1517
- Artigo principal: 1517.
Oriente Próximo
Asia
- Os portugueses establécense en Ceilán.
Europa
- 19 de setembro: Carlos I de España, procedente de Flandres, pisa terra española no porto asturiano de Tazones.
- 31 de outubro - Martiño Lutero publica as 95 teses da súa Reforma protestante.
Arte e cultura
- Antonio de Nebrija publica as Reglas de ortografía española.
1518
- Artigo principal: 1518.
- Cortes en Valladolid; rexéitase o xuramento ó rei se este non acepta antes as liberdades e privilexios casteláns.
- As mesmas cortes deciden a incorporación das Indias (América) á Coroa de Castela.
- Tráfico de escravos de África a América.
1519
- Artigo principal: 1519.
América
- 15 de agosto - Pedro Arias Dávila funda a cidade de Panamá.[1]
Arte e cultura
- Bartolomé Ordóñez esculpe o sepulcro de Xoana I de Castela e do seu home Filipe o Fermoso, na catedral de Granada.
- ↑ Sánchez Sorondo, Gabriel (2010). Historia oculta de la conquista de América. Ediciones Nowtilus S.L. p. 92. ISBN 9788497636018.