Comerica Park
O Comerica Park é un parque de béisbol situado no centro de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). É o estadio local dos Detroit Tigers, equipo da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Foi inaugurado en 2000 e substituíu o antigo Tiger Stadium. O nome do estadio é debido ao patrocinio do Banco Comerica, o cal foi fundado na cidade e tiña a súa sede na mesma no momento da súa inauguración. Aínda que Comerica trasladou a súa sede a Dallas, Texas, o banco segue a ter unha forte implantación na zona. A capacidade do estadio é de 41.083 espectadores.[1]
Comerica Park | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°20′21″N 83°02′55″O / 42.339166666667, -83.048611111111 |
Localización | Detroit, Estados Unidos |
Construción | |
Construción | 29 de outubro de 1997 |
Inauguración | 11 de abril de 2000 |
Arquitecto | Populous (antes HOK Sport) SHG, Inc. Rockwell Group |
Enxeñeiro | Bliss & Nyitray, Inc. M-E Engineers Inc. |
Custo | $300 millóns (2000) |
Estadio | |
Superficie | Kentucky Bluegrass (natural) |
Dimensións | Left field – 345 ft (105 m) Left-center – 370 ft (113 m) Center field – 420 ft (128 m) Right-center – 365 ft (111 m) Right field – 330 ft (101 m) |
Capacidade | 41.083 espectadores |
Asist. máxima | 45.280 (26 de xullo de 2008) White Sox 7−6 Tigers (MLB) |
Propietario | Detroit-Wayne County Stadium Authority |
Operadora | Olympia Entertainment |
Localía | Detroit Tigers (2000– ) |
Web | http://detroit.tigers.mlb.com/det/ballpark/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ Crunk, Chad; Loor–Almonte, Bryan; Fidelman, Ben; Wysocki, Michele (12 de marzo de 2018). 2018 Detroit Tigers Media Guide [Comerica Park Home of the Detroit Tigers]. Major League Baseball Advanced Media. p. 442.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do estadio en mlb.com/tigers
- Comerica Park Seating Chart Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.