[go: up one dir, main page]

Colexio electoral (local)

Este artigo é sobre un espazo físico para a realización de votacións. Sobre o concepto de colexio electoral, consulte o artigo correspondente.

Un colexio electoral é un edificio, habitualmente de carácter público, onde se realizan as votacións dunhas eleccións. Os colexios electorais poden acoller varias mesas electorais.

Exterior do colexio electoral de St. Marks Church Hall, en Stirling, durante as eleccións ao Parlamento escocés do 3 de maio de 2007.

A tipoloxía dos colexios electoral é variada: en Galicia son frecuentes as escolas, casas do concello e demais edificios públicos, pero en lugares pequenos onde non existe esta infraestrutura básica, poden usarse propiedades particulares: garaxes, pendellos etc. No Reino Unido, son frecuentes os colexios electorais localizados en igrexas, porque esas teñen numerosas dependencias anexas destinadas á realización de reunións.

Os colexios electorais acostuman ter: a lista exposta do censo, unha ou varias mesas electorais, cabinas para realizar o voto de forma secreta, e un espazo para recoller as papeletas. Habitualmente os colexios están custodiados por persoal de seguridade, para protexer o dereito do voto.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar